Home  
 
 
 
JOSE CERDERIA 
 

Ana Garrido

 
  Coa finalidade de fomentar bos hábitos de alimentación entre os escolares de Primaria, a Concellería de Educación inicia este mércores un ciclo de degustacións de alimentos saudables en colexios privados concertados de Ourense. Con esta actividade, o Concello pretende poñer en valor a importancia dunha boa alimentación para o rendemento escolar dos nenos e fomentar o hábito do bocadillo de media mañá.
 
 
Se fomentan bos hábitos de alimentación nos escolares de Primaria con degustacións de bocadillos, leite e froita  
16 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

A actividade desenvolverase nos colexios que a solicitaron, en resposta a invitación que o Concello realizou a tódolos centros privados concertados. Así, no caso da actividade deste mércores que abre o novo proxecto formativo da Concellería de Educación do Concello de Ourense, durante o recreo os nenos de 5º e 6º de Primaria degustarán bocadillos de xamón con aceite de oliva, leite e froita.
Nesta primeira actividade ten previsto tomar parte a propia concelleira de Educación, Ana Garrido, e terá lugar no colexio San Pío X coa participación de 43 nenos. O xoves, 17, ás 10:40 horas, será no colexio A Purísima, con 45 alumnos e, en días seguintes, ata o 30 de abril, participarán novos grupos de alumnos dos colexios Maristas, Santa Teresa, San José e Luis Vives, ata sumar un total de 590 escolares de 5º e 6º de Primaria.

Con esta actividade, "o Concello dá continuidade ós programas que ven desenvolvendo durante o presente curso escolar para fomentar unha alimentación saudable entre os máis cativos, como foi o programa Almorzos saudables, que dende o mes de outubro realizouse nos colexios públicos de Primaria contando coa participación de preto de 800 nenos".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital