Home  
 
 
 
 
  Esta actividade forma parte do  programa Educación e Saúde Medio Ambiental e ten como finalidade que os estudantes coñezan o proceso de captación, potabilización, almacenamento e distribución que ten que experimentar a auga para ser apta para o consumo humano, sen supoñer ningún risco para a saúde.
 
 
Comeza un ciclo de visitas didácticas de escolares á Estación de Tratamento de Auga Potable de Ourense
15 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza un ciclo de visitas guiadas de escolares á estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Ourense, sita en San Francisco (rúa da Canle).
Coa observación do proceso na planta, os estudantes dimensionan a importancia da auga, concienciándose máis doadamente da necesidade de non malgastala nin ensuciala innecesariamente antes de depurala. Participarán neste ciclo de visitas preto de 1.155 escolares de 17 centros da cidade (colexios, institutos e Facultade

de Ciencias da Educación), que solicitaron esta actividade.

A primeira das visitas será este martes, día 15 de abril, ás 10:30 horas, coa participación de 51 alumnos de 4º de ESO do IES Otero Pedrayo. En días próximos participarán novos grupos de alumnos dos colexios A Purísima, Santa Teresa de Jesús, María Auxiliadora, A Purísima, Guillelme Brown, Divina Pastora, Concepción Arenal, Maristas, Padre Feijoo-Zorelle, Santo Cristo, os  institutos O Couto, As Lagoas, Otero Pedrayo, Portovello, 12 de Outubro e Carballeira, e a Facultade de Ciencias da Educación.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital