Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Marga Martín, concelleira de Sanidade

 
  Ante as últimas prediccións meteorolóxicas, que anuncian chuvias para o xoves, a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense adianta a este martes, día 15, e ao mércores, 16, a realización da actividade “Artesán 08”, unha mostra na rúa do Paseo na que os visitantes coñecerán a actividade que desenvolven en Ourense un total de 36 asociacións asistenciais, organizacións ecoloxistas e outras entidades da área da Saúde.
 
 
“Artesán 08” que organiza o Concello  de Ourense na Rúa do Paseo, adiántase a este martes  
15 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

A mostra forma parte do programa de actividades organizadas polo Concello coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense e 36  asociacións e colectivos con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde, que este ano está dedicado a “Protexer a saúde fronte ó cambio climático”.
A actividade “Artesán 08” realizarase na rúa do Paseo, o martes, 15, e o mércores, 16, de 10 a 14 e de 16:30 a 21 horas, e consta de 3 apartados:

A mostra divídese en tres apartados. Nun primeiro acóllense traballos artesanais realizados polos asociados xunto coa exposición de traballos de artistas recoñecidos que colaboran nesta actividade: Alexandro, Acisclo Novo, Buciños, Uxmal, Betty Alfonso
No apartado de medicións sanitarias hai a posibilidade de facerse un pequeno chequeo médico a través de distintas medicións sanitarias na rúa do Paseo: medicións de glucosa, colesterol, tensión arterial, tensión ocular, audiometrías, índice de masa corporal, peso, talla, test de calidade de vida.
Por último hai un apartamos sobre como protexer a saúde frente o cambio climático, que consta dunha exposición de distintas organizacións e asociacións ecoloxistas que efectuarán degustacións de productos biolóxicos, exposicións e información sobre cuestións que afectan ó cambio climático, obradoiros de consumo responsable, de gases de efecto invernadoiro e de contaminación electromagnética, entre outros.

Ademáis, recalca a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, que, gracias á colaboración do Colexio Oficial de Farmacéuticos, as farmacias de Ourense controlarán e realizarán medicións sanitarias gratuitas durante as xornadas do mércores, 16 de abril, e xoves, 17.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital