Home  
 
 
 
 
  Malia a publicación no DOG da Lei "do traballo en igualdade das mulleres en Galicia", a CIG denuncia que os xestores do SERGAS en Ourense denegan "sistemáticamente" tódalas peticións dos traballaodres que se amparan nesta normativa. Segundo a CIG, en Ourense non se respetan os compromisos lexislativos da conciliación da vida familiar.
 
 
Segundo a CIG, o SERGAS non lle recoñece preferencia para elexir as vacacións aos traballadores con fillos menores de 12 anos  
15 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

A CIG recorda que con data 13 de abril de 2007, publicouse no D.O.G. a Lei 2/2007, “do traballo en igualdade das mulleres en Galicia” que, na súa disposición adicional primeira, que modifica a Lei 7/2004, “para a igualdade de mulleres e homes”, deixa redactado o artigo 43 desta Lei, de xeito que se cotempla a “preferencia de elección do periodo de vacacións as mulleres e os homes con fillas e fillos menores de 12 anos ou mayores dependentes ó seu coidado”.
Segundo a CIG, malia as disposicións invocadas, "unha vez máis os xestores do SERGAS, noutro (un máis) exercicio de hipocresía, dado que a iniciativa desta Lei e o seu cumprimento é responsabilidade das autoridlades políticas, que tanto alardean a cotío do seu compromiso coa conciliación da vida familiar e laboral, burlan a Lei con unha inrterpretación interesada e cicateira, conculcando o dereito que a citada lei recoñece".

Segundo a Confederación Intersindical Galega,  no CHOU "deneganse sistemáticamente todas as peticións dos traballadores que se amparán nesta normativa, con un total desprezo a lexislación, obrigando a acudir a vía xudicial para facer valer os seús dereitos".
A central sindical conclúe facendo un chamamento aos responsables do SERGAS en Ourense para mudar esta situación.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital