Home  
 
 
 
 
  Dirixido aos maiores, a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense prepara un curso de Risoterapia de 40 horas de duración. Dende este luns xa está aberto o prazo para matricularse, e terán preferencia aquelas personas con menos recursos económicos.
 
 
Aberto dende este luns o prazo de mátricula no curso de Risoterapia do Concello de Ourense
14 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, dentro do programa de intervención na terceira idade, organiza un curso de Risoterapia, de 40 horas de duración, que terá lugar nas aulas municipais sitas en rúa Manuel Murguía, 43, baixo, en horario de mañá, un día á semana.
Tódolos interesados en participar poden presentar a súa solicitude dende o luns, 14 de abril, ata o venres, 18, de 9 a 11 horas, nas oficinas dos Servicios Sociais do Concello de Ourense, na rúa Bispo Carrascosa, número 14, ou recibir máis información no teléfono 988 388137.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude acompañada de fotocopia do DNI, certificado da pensión que cobra o solicitante e o seu cónxuge, no seu caso, e volante de empadronamento no Concello de Ourense. O número de prazas é limitado á 25, e darase prioridade ás persoas con menos ingresos económicos.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital