Home  
 
 
 
 
  O Concello de Amoeiro sitúase á fronte dos da provincia de Ourense nas labouras de prevención dos incendios forestais unha vez chegado o verán. Anuncia que os veciños xa poden solicitar ao Concello a limpeza daquelas fincas que, chegado o día, poden constituir risco de lume forestal.
 
 
Os veciños de Amoeiro poderán solicitar no Concello a limpeza das fincas que constitúan risco de incendio
14 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O concello de Amoeiro levará a cabo, este ano, a limpeza das fincas que constitúan un risco para a seguridade das vivendas, instalacións industriais ou eléctricas e calquera outra edificación.
Segundo o tenente de alcalde de Amoeiro, o nacionalista Urbano Rodríguez Vázquez, estes traballos de desbroce realizaranse en franxas de 100 metros arredor de calquera edificación e situadas a menos de 400 metros do monte.
Os viciños que o desexen poderán solicitar a limpeza dos seus terreos anotándose no Concello.

Urbano Rodríguez informou a poboación de que "con esta iniciativa o concello de Amoeiro está a impulsar medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestasis".

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital