Home  
 
 
 
 
O Grupo do BNG no Concello de O Pereiro de Aguiar, anuncia para o pleno do vindeiro venres, día 18, unha moción pola que proporá ao Goberno accións para preservar o Patrimonio Histórico e Cultural do Concello, así como divulgalo axeitadamente producindo un adecuado coñecemento dos valores que neste eido ten o Pereiro. Así mesmo, o BNG proporá acordos con outras administracións para poder acometer estes traballos.
 
 
 
O BNG proporá ao pleno de O Pereiro mellorar e protexer a sinalización do patrimonio no Concello
14 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

No pleno do vindeiro venres, día 18, os concelleiros do BNG na Corporación de O Pereiro de Aguiar anuncian que defenderán unha moción a prol da "mellora na protección e sinalización do patrimonio arquitectónico e cultural deste Concello".
Segundo con portavoz nacionalista de O Pereiro de Aguiar, Henrique García Rodríguez, "o noso Concello ten un inventario municipal con varios elementos arquitectónicos propios da cultura galega, como son os cruceiros, e os petos de ánimas. Temos de ser conscientes entre todos e todas, do valor para os visitantes do noso Concello e mesmo para os seus habitantes destas construcións".
Sinala o edil nacionalista que, xunto coas capelas e igrexas, muiños e pazos, complementan a oferta de ocio, que "hoxe constitúe a nosa hosteleria local, asi como as instalacións  deportivas e recentes infraestructuras coma o paseo ao redor da presa de Cachamuiña".

Para o Grupo do BNG é "preocupante", sinala, que "a esta altura do século XXI, o Concello permita erros como a destrucción do Forno de Tibiás de 1850, ou que sendo un Concello con clara vocación turística, por ser o cruce entre a cidade de Ourense-Allariz e A Ribeira Sacra, non teña sinalizada as tres rutas turísticas que aparecen na web do Concello, e que polo tanto ningún visitante poida desfrutalas".
Así mesmo, sinala o Grupo do BNG que hai maior necesidade aínda en afondar na protección nos valores patrimoniais e culturais, sobor de todo "cando personaxes tan importantes para a historia de Galiza, como son o Padre Feijoo ou o Capitán Cachamuiña (libertador de Vigo, na invasión francesa de hai 200 anos aproximadamente), prácticamente non contan cunha sinaluzación axeitada que permita a súa ubicación".

Como queira que o Concello de O Pereiro de Aguiar non conta cos medios económicos suficentes para acometer por sí só estas tarefas, "sería preciso establecer liñas de colaboración con outras administración para permitir que todos saibamos do noso pasado e desfrutar del", proporán os concelleiros do Grupo do BNG na sesión plenaria do próximo día 18.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital