Home  
 
 
 
 

Pié de Foto

 
  O alcalde de Taboadela, o popular Gallego Vila, cambiou de opinión. O que fai quince día non lle servía, este xoves sí lle valeu. Fai quince días só tiña 6 votos de 9 concelleiros para aprobar o novo Plan de Urbanismo, e non lle servía porque decía que quería un acordo unánime. Este xoves o mesmo total de votos e os mesmos votos dos mesmos concelleiros sí lle servirón para aprobar o Plan. Aínda que só por maioría.
 
 
O Concello de Taboadela xa ten PXOM porque ao alcalde lle vale o que non lle servía fai quince días  
11 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

"Hai dúas semanas o alcalde negouse a aprobar o PXOM a pesar de obter na votación cinco votos a favor do PP, un voto a favor  do BNG , dúas abstencións do PSOE e, un voto en contra de VETA, alegando que unha norma desta relevancia non a quería aprobar sen consenso; hoxe, dúas semanas despois, o alcalde decide aprobar o Plan Xeral a pesar de obter os mesmos resultados que na votación anterior". Así o denuncia o portavoz do PSOE neste Concello, Álvaro Vila, que asegura que non o entende como o rexedor municipal en só quince días "se esqueceu do consenso que quería acadar para aprobar unha norma que determinará o desenvolvemento económico de Taboadela nos próximos anos".

O portavoz socialista dí ahora que lle parecía "bastante raro" que o alcalde se acordara da importancia de chegar a consenso na última fase do PXOM, "cando en oito anos de tramitación xamais se interesou pola postura dos grupos da oposición nin dos veciños e veciñas de Taboadela", sinala Álvaro Vila. Para o portavoz do Grupo Socialista, o que fixo o alcalde o fixo "por mero capricho e para vender un consenso do que nunca se preocupou".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital