Home  
 
 
 
 
  O Hospital de Verín integrarase de cheo na rede hospitalaria do SERGAS, unha vez que a Consellería de Sanidade ratificou o acordo de extinción das Fundacións Hospitalarias. Ahora terá que ser o Consello da Xunta o que proceda á definitiva disolución destas Fundacións, entre as que está o Hospital de Verín. Enténdese que esto "implicará unha mellora para os profesionais e a calidade da asistencia sanitaria, que se beneficiará da maior homoxeneidade do sistema público".
 
 
As fundacións hospitalarias máis cerca de desaparecer e o Hospital de Verín máis cerca do SERGAS  
10 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

A Consellería de Sanidade ven de rubricar as resolucións polas que o protectorado das Fundacións Hospitalarias ratifica o acordo de extinción das mesmas. A partir de agora, e logo dos preceptivos informes, este acordo será elevado ao Consello da Xunta para a súa definitiva disolución.
Deste xeito as Fundacións Públicas Hospitalarias Virxe da Xunqueira, de Cee; do Salnés, en Vilagarcía de Arousa; da Barbanza, en Ribeira; e de Verín, pasarán a integrarse de pleno dereito na rede e estrutura do Servizo Galego de Saúde.
De feito, recórdase desde a Consellería que xa este ano os xerentes destes catro centros asinaron o pasado 31 de marzo e por vez primeira o Plan de Obxectivos Estratéxicos, que establece as actividades previstas polos centros do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

Segundo o acordo dos padroados das distintas fundacións hospitalarias, a disolución prodúcese “por non lograrse coa instauración desta fundación sanitaria acadar os seus obxectivos de eficacia e eficiencia, redución de gasto e mellora da calidade dos servizos”, e sinala que a extinción “implicará unha mellora para os profesionais e a calidade da asistencia sanitaria, que se beneficiará da maior homoxeneidade do sistema público”.
Unha vez ratificado o acordo de extinción, e logo dos preceptivos informes, deberá ser o Consello da Xunta de Galicia quen finalmente proceda á súa definitiva extinción.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital