Home  
 
 
 
 

Senén Pousa, alcalde de Beade

 
  A Lei da Memoria Histórica segue a non cumprirse no Concello de Beade. O alcalde do PP, Senén Pousa Soto, mantén os símbolos franquistas dos que aínda ata hai pouco presumía o rexedor municipal. Os socialistas recórdanlle o dito fai poucos meses en Ourense polo presidente nacional do seu partido, Mariano Rajoy, cando sinalou ó respecto que "yo soy partidario, y hasta ahí podríamos llegar, de cumplir la ley siempre".
 
Noticias Relacionadas
 

Mensaje al alcalde de Beade: "la ley -de la Memoria Histórica- está para cumplirla"

 
 
Os socialistas de Beade volven a pedirlle ao alcalde que retire os símbolos franquistas e atenda o consello de Rajoy  
9 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

Os concelleiros do PSOE no Concello de Beade veñen de presentar solicitude de celebración dun pleno extra do Concello, xa que o rexedor municipal, o popular Senén Pousa, sigue a non convocar coa periodicidade establecida por Lei os plenos ordinarios deste Concello. Nesa sesión plenaria, os dous concelleiros socialistas volverán a plantexar ao rexedor municipal que cumpra coa Lei da Memoria Histórica e retire os símbolos franquistas que aínda quedan en Beade.

Así, por exemplo, explica o concelleiro Miguel Ángel Carreiro que "no municipio temos varias rúas que levan nomes de personaxes da etapa franquista. A rúa principal leva por nome O Caudillo e hai outra outra, chamada Alferez Montero, en cuia placa se pode ler caído por Dios y por España".
Os socialistas  tamén piden que se retiren os gravados da fonte de pedra sita no barrio da Presa na que se reflicten o xugo e as flechas.
Sinalan que, conforme á Lei da Memoria Histórica aprobada en decembro de 2007 polo Congreso dos Deputados, os símbolos franquistas deben ser retirados das zonas públicas en cumprimento da Lei.
O concelleiro socialista recorda ao alcalde, Senén Pousa, as palabras do seu presidente nacional, Mariano Rajoy, cando de visita a Ourense o pasado 29 de novembre sinalou ao respecto que "yo soy partidario, y hasta ahí podríamos llegar, de cumplir la ley siempre", e engadiu: "La ley está para cumplirla y todos debemos cumplirla, los ciudadanos y cualquier persona asuma las responsabilidades públicas que asuma".

Non é a primeira vez que os socialistas de Beade teñen que solicitar un pleno extraordinario para tratar os asuntos do Concello, e mesmo chegaron a recorrer ante o Valedor do Pobo para denuncialo. "A pesar de todo Senén Pousa segue a facer o que quere e segue sen convocar as sesións plenarias. A situación de tensión que se vive no Concello cada día vai a máis", sinala o concelleiro do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Carreiro.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital