Home  
 
 
 
 
O Concello esixirá "as máximas compensacións para a cidade que permita a lei, así coma un significativo incremento da vivenda protexida" no proxecto de desenvolvemento urbanístico da Finca Santamariña da empresa Flager, logo da sentencia do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia avalando a venta desta finca pola Deputación. Así llelo trasladará o alcalde ós representantes da inmobiliaria nunha reunión a principios da semana que ven, posiblemente o luns, as 12 do mediodía, segundo as previsións do propio Francisco Rodríguez.
 
Noticias Relacionadas
  Sanchez Vidal plantexará a Flager respeto aos cidadáns, ao comercio local e os constructores no seu proxecto
 
 
JOSE CERDEIRA  
 
Francisco Rodríguez
O alcalde de Ourense anuncia que tentará reconducir a "herdanza recibida" de Finca Santamariña pola vía da negociación
9 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

A principios da semana que ven, posiblemente o luns as 12 do mediodía, o alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, recibirá aos representantes da empresa Flager, a titular dos terreos de Finca Santamariña que no seu dia lle vendeu a Deputación de Ourense a inmobiliaria. O Goberno municipal considera que, unha vez esgotada a vía xudicial, a súa obriga como Concello "é cumprir a lei e xestionar o novo escenario cara a defender a actuación máis favorable para ós intereses xerais da cidade", sinalou este martes o rexedor municipal ourensán.
"Para o Goberno municipal é evidente que o cumprimento da lei constitúe unha condición básica para ordenar e fortalecer a democracia, e a iso se aplica este goberno municipal sen ningún tipo de reserva", engadiu Francisco Rodríguez. Aínda que tamén recoñece o rexedor municipal que "é evidente que o escenario que nos deixa a sentencia do TSXG sobre a Finca Santamariña ten unha dimensión económica, social e de deseño e ordenación urbana, que nos obriga como goberno a xestionar este escenario de xeito que podamos harmonizar adecuadamente os intereses particulares coa defensa dos intereses xerais da cidade".

Neste novo escenario, e con respecto absoluto á lei, o actual Goberno municipal di que "non se sinte concernido polos compromisos urbanísticos que poidera ter asumido o goberno municipal do PP", e anuncia publicamente que "non asumirá outros compromisos cos derivados da futura negociación coa promotora privada, que se axustará os criterios urbanísticos que defende o novo equipo de goberno do Concello".
Dende o Concello sinálase que para a urbanización da Finca Santamariña, o Goberno municipal articulará os mecanismos necesarios para acadar "un proxecto de gran calidade en clave de cidade, estudando as compensacións para Ourense, os novos equipamentos e servizos, e a fórmula para que o aproveitamento residencial incorpore un volume de vivenda protexida moito máis ambicioso do previsto inicialmente, que era só de 200 vivendas".

Conclúe o posicionamento do alcalde de Ourense a este respecto, que se produce despois de coñecerse este luns que o BNG prescinde tamén da vía xudicial co que a sentencia do TSXG pode considerarse xa como firme, que O Goberno de Ourense "asume a nova situación da Finca Santamariña nos termos fixados polo TSXG, pero reconducirá, dentro da lei, os aspectos máis inxustos e antisociais da herdanza recibida".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital