Home  
 
 
 
 
O Concello de Celanova ven de encetar o proceso de redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que substituirá ao actual de 1995, que se queda xa vello e, sobre todo, fora de xogo pola nova normativa urbanística de 1997 e 2002, segundo acaba de comunicar o Concello que dirixe como alcalde o popular Antonio Mouriño. O Concello conta para estes traballos con unha aportación da Consellería de Política Territorial de 144.000 euros, e manexa o horizonte de 2012 para entrada en vigor do novo planeamento urbanístico.
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Antonio Mouriño
Celanova empeza a traballar nun novo Plan de Urbanismo, para o que manexa o horizonte do 2012
8 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno do Concello de Celanova acaba de dar luz verde ao expediente de contratación para proceder á redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que substituirá ao de 1995. Non é tanto que se quede vello como o feito das lagoas que presenta respecto das leis urbanísticas de 1997 e de 2002, segundo pon de manifesto o Concello que dirixe o popular Antonio Mouriño. As previsión do Concello son de que no horizonte de 2012 se poida contar co novo documento.

O Concello conta con unha subvención para estas tarefas da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia de 144.235 euros "para conseguir un montante total de 160.000 euros, contando coa parte que achegará o Concello de Celanova". A axuda da Consellería está distribuída en 5 fases que seguirán todo o proceso de redacción, informes preceptivos, alegacións, aprobación inicial e aprobación final e definitiva do novo PXOM de Celanova.
Para Antonio Mouriño, "a redacción deste novo Plan Xeral axudará a continuar co desenvolvemento urbanístico do casco urbano celanovés, que durante estes 13 anos de vixencia do anterior viu como se desenvolveron cinco unidades de execución e foron abertas 7 novas rúas".
Así mesmo sinálase que a resultas do Plan do 95, o Concello de Celanova dotou ao entorno do Mosteiro de San Salvador e ao burgo medieval de Vilanova dos Infantes de senllos plans especialis de reforma interior, posteriormente unidos nunha soa Área de Rehabilitación Integral.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital