Home  
 
 
 
 
  Plagada de números musicais, "Un soño fantástico" servirá para que os escolares de Ourense aprendan seguridade e educación viaria a través do teatro. Trátase dun "experimento" que se está a desenrolar en diferentes teatros de España, e que Ourense promoven a Concellería de Educación do Concello e a DGT.
 
 
Máis de 1.300 escolares de Primaria de Ourense aprenderán seguridade e educación viaria a través do teatro
5 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense en colaboración coa Dirección General de Tráfico organizará o luns, 7 de abril e o martes, 8, un ciclo de representacións teatrais para escolares, nas que alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria aprenderán seguridade e educación viaria. A obra, “Un soño fantástico” escenificarase no teatro do IES Blanco Amor, e asistirán 1.350 alumnos dos centros educativos de Ourense.

Plagada de números musicais, “Un soño fantástico”, conta a historia dun neno de

doce anos, que respecta as normas na súa vida diaria e no seu comprtamento cos demáis. A obra estase a representar en diferentes teatros de España. No caso de Ourense, será para 1.350 alumnos dos colexios Santo Angel, A Purísima, Padre Feijoo, San Pío X, Maristas, Divino Maestro, CEIP Seixalbo, Vistahermosa, Mende, Albino Nuñez, Irmáns Villar, Santa Teresa, Guillelme Brown e Prácticas
O luns, ás 12:30 horas, asistirán á representación a concelleira de Educación do Concello de Ourense, o subdelegado de Goberno, o xefe provincial de Tráfico e o delegado en Ourense da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. As representacións continuarán o martes, día 8 de abril, con dúas sesións, de 10.30 a 11.30 horas, e de 12.30 a 13.30.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital