Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense realiza estes días o reparto de árbores en diferentes centros educativos da cidade. Esta actividade, enmarcada dentro do programa de Educación e Saúde Medio Ambiental, ten como obxectivo dotar ós profesores dos colexios de plantas e árbores para que poidan realizar actividades cos alumnos e fomentar neles o gusto pola natureza.
 
 
O Concello de Ourense reparte árbores entre os escolares da cidade para fomentar o coidado da Natureza
4 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Nesta campaña, que se articula a través das concellerías de Medio Ambiente, Educación e Universidade do Concello de Ourense, os centros reciben árbores de tempada pertencentes á seis especies: erica, festuca, cineraria, íberis, hebe e azalea. Os centros reciben tamén unha ficha informativa sobre estas árbores, na que figuran as características e peculiaridades de cada un deles. Preténdese así que a actividade non quede nunha acción puntual senón que teña continuidade na aula, involucrando ós máis pequenos no coidado e conservación das árbores.

O reparto de árbores realízase estes días nun total de 11 centros educativos que solicitaron participar: os CEIP O Couto,  A Inmaculada,  Curros Enríquez e Amadeo Barroso, CPI José García, colexios A Purísima, Luis Vives, María Auxiliadora, Padre Feijóo e Guillelme Brown, e IES 12 de outubro. Na xornada deste venres entregaranse no CEIP O Couto, ás 12:00 horas.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital