Home  
 
 
 
 
  Ao longo dos vindeiros meses, preto de 500 escolares visitarán o bosque de Ridimoas. Dita actividade, dirixida aos escolares de ESO e ESPO, pretende que teñan un contacto directo co noso entorno e que desenvolvan unha actitude de respecto e de gozo cara a natureza, e está organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.
 
 
Este martes comeza unha nova serie de visitas de escolares de Ourense ao Bosque de Ridimoas
1 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Un ano máis, a Concellería de Educación e Universidade dentro do seu programa de Educación e Saúde Medio Ambiental, leva a cabo unha serie de visitas ó Bosque da Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas.
O alumnado coñecerá de xeito multidisciplinar o Bosque de Ridimoas e o seu ecosistema, traballando o caderno de campo do itinerario elaborado pola guía e os seus colaboradores. Descubrirán  a situación do bosque e a súa historia, o clima e  a súa flora e fauna.

Inician a actividade os alumnos do Centro de María Auxiliadora este martes, día primeiro de abril. Os rapaces sairán do centro ás 9.15 para ir ata o instituto de Rivadavia e visitar a exposición permanente sobre estes temas.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital