Home  
 
 
 
  “En vésperas da celebración do Día da Muller é unha  boa noticia,  un recoñecemento para as mulleres traballadoras dende  os servizos públicos con prestacións eficaces”, sinala a tenente de alcalde do Concello de Maceda, a socialista Ana María Rodríguez, o anunciar que este Concello tramita a ampliación do Programa de Acollida Temperará no CEIP da vila debido ao éxito que está a ter.
 
 
O Concello de Maceda tramita xa a ampliación da Acollida Temperá no CEIP dado o éxito que esta tendo  
7 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL

“O éxito do servizo en funcionamento dende principio de curso de 8 a 9:30 h, con 25 alumnas/os, motiva a ampliación para cubrir a necesidade de apoiar ás familias traballadoras  tralo horario lectivo”  Segundo  a tenente de alcalde, a  socialista Ana María Rodríguez, dende a Concellería de Servizos Sociais xestiónase dita ampliación que conta coa autorización da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria porque “Se trata dunha actuación que axuda non só a conciliación laboral  coa atención  familiar, senón  que nun sentido transversal, responde  ó desenvolvemento da igualdade real entre homes e mulleres”.

O horario de traballo solápase coa  franxa de remate das clases, sobre todo se a actividade laboral se desenvolve noutras localidades. Un bo número de traballadores de Maceda se despraza  ó Polígono de San Cibrao, ou Ourense por exemplo, diariamente, polo que demandan unha prolongación da atención  matinal á tarde.
En principio, a monitora do Concello nas mesmas dependencias do colexio que no horario matinal atenderá o alumnado  usuario durante  1 hora, a partir de Semana Santa.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital