Home  
 
 
 
 
  Impartidas por Susana Bayo, as charlas que organiza o Concello de Ourense e a Fundación Al Gore para concienciar sobre os efectos do Cambio Climático, chegarán a máis de 600 escolares, comezando este xoves, ás 10 da maña, no colexio Luis Vives. Incluirán unha charla aberta ó público, o día 13, no IES Otero Pedrayo
 
 
Ciclo de charlas en Ourense para concienciar a nenos, mozos e adultos dos efectos do Cambio Climático
6 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, coa colaboración do “Proxecto Cambio Climático de Al Gore en España”, organiza un ciclo de conferencias divulgativas sobre o cambio climático para estudantes de Educación Primaria e Secundaria. O ciclo incluirá tamén unha charla aberta ó público xeral, o xoves, 13 de marzo, ás 20:00 horas, no paraninfo do Instituto Otero Pedraio, con entrada libre.
As charlas serán impartidas por Susana Bayo Besteiro, representante en España do Proxecto Cambio Climático. Esta especialista en Atmósfera e Medio

Ambiente realizará unha viaxe por todo o planeta, para amosar as consecuencias do cambio climático, expoñer as súas causas e promover unha reflexión sobre o que poden facer as persoas para mitigar os seus efectos.

O proxecto Cambio Climático foi creado por Al Gore, político e ecoloxista estadounidense galardoado co Premio Nobel da Paz e co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.
Susana Bayo, natural de Guitiriz (Lugo) e licenciada en Física especialidade de Atmosfera e Medio Ambiente pola Universidade de Vigo, pertence a un grupo de 200 persoas elixidas entre 3.000 solicitantes en toda España, adestradass por Al Gore para difundir a mensaxe sobre o “cambio climático”.

Nesta actividade participarán máis de 600 estudantes de diferentes centros educativos, comezando mañá, xoves, 6 de marzo, ás 10:00 horas, no colexio Luis Vives, coa asistencia de cen escolares . As charlas continuarán durante o mes de marzo no CEIP Prácticas, Manuel Sueiro, Carmelitas, O Couto, Albino Núñez, Padre Feijoo e Divina Pastora. A charla para o público en xeral será o xoves, 13 de marzo, ás 20:00 horas, no paraninfo do Instituto Otero Pedraio, con entrada libre.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital