Home  
 
 
 
 

Violeta Monreal

 
 

A escritora Violeta Monreal estará este martes en Ourense para celebrar un encontro con escolares, actividade que organiza a Concellería de Educación dentro do Programa de Animación á Lectura. O acto central da xornada será unha solta de globos a media mañá na Praza de Pontevedra.

 
 

Encontro  de escolares ourensáns este martes coa escritora Violeta Monreal, dentro do Programa de Animación á Lectura

22 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Esta actividade está dirixida a escolares de 3º de Educación Primaria, que xa antes do Nadal recibiron nas aulas a colección de libros de Violeta Monreal “El abecedario de los sentimientos” (un libro para cada neno), onde cada exemplar trata sobre un sentimento diferente: A de antipatía, B de bochorno, G de gratitude.....
Ademáis da colección, tamén se enviou un libro de xogos e outro de recursos didácticos para o desenvolvemento de sentimientos e valores, para traballar na aula antes e despois do encontro coa autora.

A actividade terá lugar este martes no salón de actos de Caixanova, na Avenida de Pontevedra. Realizaranse diferentes sesións ó longo do día, para atender ós  375 alumnos  participantes de 13 centros escolares.
O acto central da xornada será unha solta de globos, por parte dos nenos participantes, ás 11:30 horas, na Avenida de Pontevedra.

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital