Home  
 
 
 
 
 

Outros catro concellos da provincia de Ourense enrólanse no programa piloto de autocompostaxe que promove a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Segundo na mañá de este luns anunció o seu titular, Manuel Vázquez, os municipios de O Barco de Valdeorras, Rubiá, A Rúa e Petín súmanse aos de Carballiño, Piñor de Cea, Carballeda de Avia e Ribadavia cos que se encetou esta iniciativa pola provincia de Ourense.

 
Noticias Relacionadas
  Pachi Vázquez: "non nos poden vender un bolígrafo envolto cinco veces cando eu só pedín un bolígrafo"
 
 

Medio Ambiente estende o programa piloto de autocompostaxe a catro concellos máis desta provincia

22 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O titular da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, o ourensán Manuel Vázquez Fernández, agradeceu o apoio prestado aos alcaldes dos catro concellos ourensáns que no seu día se enrolaron no programa piloto de autocompostaxe, e presentou aos catro novos concellos que se suman a esta iniciativa. Se os catro primeiros foros da bisbarra Ribeiro-Carballiño, os catro noso son da de Valdeorras, e son O Barco de Valdeorras, Rubiá, A Rúa e Petín.
Segundo Pachi Vázquez "o programa funcionou moi ben onde se puxo en marcha", extremo no que a Consellería de Maedio Ambiente basa a ampliación de dito programa.

Pachi Vázquez anuncióu, así mesmo, que este ano se van a distribuir 2.000 recipientes de compostaxe ou "composteiros" en tódolos concellos que dispoña de parques naturais ou ben de espacios da Rede Natura. Segundo o titular de Medio Ambiente, "os resultados non puideron ser mellores, obtención dun compós de alta calidade, e a constatación dunha disminución de quilos mensuais de residuos urbanos depositados nos contedores xenéricos". Esto, según Pachi Vázquez, conleva a conrrespondente "reducción do custo da xestión dos residuos, co que eso supón para os concellos".

No caso da chamada "a experiencia de O Carballiño e O Ribeiro", o titular de Medio destacou tamén a colaboración das organizacións ecoloxistas ADEGA e Amigos da Terra. No caso dos catro concellos desta bisbarra, o proxecto instaurouse nun total de 200 vivendas, medio cento por cada un dos catro concellos, que foron seleccionadas polos propios resposabeis municipais. "O primeiro compós obtido reúne, segundo os expertos, todos os parámetros de calidade, podendo ser utilizado como un excelente fertilizante de solos e substituto de abonos químicos", sinala a Consllería de Medio Ambiente.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital