Home  
 
 
 
 

Lorenzo F. Prieto, comisario da xxposición

 
  A mostra, segundo explicou o secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoán Antón Peréz Lema, no acto de inauguración, achega ao espectador á especificidade histórica e identitaria de Galiza a través dun percorrido pola historia do país dende as súas orixes ata 1936.
 
 
O Auditorio de Carballiño acolle a exposición Nazón de Breogán ata finais de xaneiro
16 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Auditorio de Carballiño acolle dende este martes ata finais de xaneiro, a exposición Nazón de Breogán, un xeito de soñar Galicia . A mostra, segundo explicou o secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoán Antón Peréz Lema, no acto de inauguración, achega ao espectador á especificidade histórica e identitaria de Galiza a través dun percorrido pola historia do país dende as súas orixes ata 1936. No acto de apertura da mostra esta tarde tamén participaron o delegado provincial da Vicepresidencia, Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, e o comisario da exposición,

Miguel Anxo Seixas.

A través de grandes paneis gráficos, tal e como explicou o secretario de Relacións Institucionais, esta mostra axuda a coñecer máis o noso pasado, para entender mellor o presente e para saber cara onde queremos camiñar no futuro. A exposición concíbese así mesmo como unha homenaxe a todos aqueles galeguistas que traballaron polo autogoberno do país, achegando ademais ao espectador a unha realidade histórica moitas veces descoñecida, marcada pola cultura castrexa, o Reino de Galiza, ou personaxes coma Prisciliano, Xelmírez, Murguía ou Antón Vilar Ponte.

Nazón de Breogán, un xeito de soñar Galiza presenta ademais a historia de Galiza non como a historia dos submisos, senón a historia dun pobo cos seus propios anhelos e aspiracións. Tal e como sinalou Pérez Lema, a exposición mostra o desexo dun pobo de acadar un maior autogoberno que nos permita afrontar os desafíos e aproveitar as oportunidades que se nos presentan.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital