Home  
 
 
 
 
 

Un total de 144 escolares tomarán parte nunha serie de concertos de órgano na Colexiata de Xunqueira de Ambía que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Medio cento de rapaces encetan este mesmo mércores esta actividade, coa que o Concello de Ourense pretende dar a coñecer as características e a sonoridade do órgano ibérico.

 
 

A Concellería de Educación organiza un ciclo de concertos de órgano na Colexiata de Xunqueira para 144 escolares

15 de ENERO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do programa educativo “Música na Escola”, organiza dende este, día 15 de xaneiro, un ciclo de tres concertos de órgano para alumnos de 2º de Bacharelato que estudian Historia da Arte e da Música. Os concertos serán interpretados por Soledad Mendive e terán lugar na Colexiata de Xunqueira de Ambía, utilizando o seu órgano histórico.
Os asistentes ós concertos tamén terán a oportunidade de realizar unha visita pola Colexiata de Xunqueira de Ambía na que o sacerdote colaborador nesta

parroquia, Jose Luis Rodríguez Araújo, exercerá de guía explicando a historia do edificio e os seus lugares máis emblemáticos.

Os obxectivos desta actividade son dar a coñecer as características e a sonoridade do órgano ibérico escoitando un repertorio do Renacemento e do Barroco e amosar ós alumnos participantes un exemplo de arquitectura románica en Galicia.
Realizaranse un total de 3 concertos  nos que participarán 144 alumnos de 8 centros de ensino da cidade (IES As Lagoas, IES O Couto, IES X. Ferro Couselo, IES X. Prieto Nespereira, IES Portovello, IES 12 de Outubro, IES E. Blanco Amor e colexio Maristas).
Este mesmo martes tomarán parte no primeiro curso 50 alumnos dos IES das Lagoas, o do Couto e o Ferro Couselo.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital