Home  
 
 
 
 
 

A medida que avance esta semana e, sobor de todo, xa entrados na que ven, se as previsións das autoridades sanitarias se cumplen a gripe estará no seu máximo apoxeo neste inverno. Segundo o director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, a gripe continuou medrando na semana pasada, ainda que con unha pequena suavización da curva ascendente que marcaban as semanas anteriores.

 
 

Entre esta semana e a que ven prevese que a gripe alcance a súa cota máxima na nosa comunidade

14 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A pesares de que na semana pasada a incidencia da gripe na comunidade galega e na provincia de Ourense continuou incrementándose, calcúlase que o que as autoridades sanitarias chaman o "cumio" da "onda epidémica" non se alcanzará ata finais desta ou a seguinte. De feito, aínda que na semana pasada seguiron aumentando os casos, incluso non o fixo dun xeito tan elevado como nas pasadas, polo que a foi coma si a "onda" se concedera unha tregua.

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Julio Villar Barreiro, asegurou que dende

principios de decembro de 2007 e con respecto ao mesmo período do ano anterior, o incremento en urxencias hospitalarias é do 11,6 por cento. Sen embargo, isto non está a supoñer un maior número de ingresos neste mesmo período, que se sitúan nun incremento do 1,9 por cento. En canto aos dez primeiros días de xaneiro de 2008, con respecto deste mesmo mes o pasado ano, o incremento das urxencias hospitalarias é do 9,2 por cento, dos que rematan en ingreso un 1,6 por cento.
Tamén no nivel de Atención Primaria hai un incremento da demanda e asistencia de pacientes, tanto nos centros de saúde coma nos Puntos de Atención Continuada, pero a asistencia estivo garantida en todos estes casos.

A tenor desta situación, as atencións médicas e sanitarias galegas prepáranse de cara aos vindeiros días para o que se da por feito que está de camiño.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital