Home  
 
 
 
 
 

O Servizo Galego de Saúde pon a disposición dos usuarios un novo número de telefono, o 902 400 116 co fin de potenciar e mellorar a calidade da atención sanitaria á cidadanía de Galicia.  Trátase de discernir tamén telefonicamente o que son urxencias e o que non, de xeito que a través deste teléfono pode preguntarse por calquera doenza, dúbida ou consulta que, por sorte, non revista urxencia.

 
 

O SERGAS estrena teléfono de atencións sanitarias non urxentes

14 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A directora de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, María Cegarra García, explicou que grazas a este novo número os usuarios accederán ao Servizo Galego de Saúde a través de dúas portas de entrada telefónica que son o 061 para urxencias e emerxencias médicas, e o 902 400 116 para o resto das consultas que son percibidas pólo usuario coma non urxentes, e que, segundo a responsable de Urxencias de Galicia, "foron aumentando progresivamente ao longo dos 12 anos de historia do servizo 061".

O 902 400 116 encargarase da resolución de calquera problema, dúbida ou consulta sanitaria que non presente carácter de urxencia, pero que si cree inquedanzas na cidadanía. Así, abordaranse asuntos como patoloxías que se presentan no momento, ata dúbidas sobre tratamentos pautados polos seus médicos de familia ou especialistas, ou dúbidas respecto a problemas relacionados coa enfermería (curas, sondas, preparación para probas diagnósticas, etc)  con criterios de eficacia.
Dado que este teléfono créase fundamentalmente para orientar á cidadanía dentro do sistema sanitario e dar resposta á demanda sanitaria non urxente, se nalgún momento o persoal sanitario considera que a situación é urxente, comunicará directamente co 061, e mobilizará os recursos deste servizo sen ningunha demora na atención ao paciente.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital