Home  
 
 
 
 

Fernando Salgado García, Secretario Xeral de Comunicación

 
 

A Xunta de Galicia sigue a excluir a práctica totalidade dos medios de comunicación en Internet das axudas económicas que concederá este ano a empresas xornalísticas e de radiodifusión de Galicia, segundo a orde de 19 de novembro do ano pasado. A Xunta exclúe das axudas a toda publicación que sexa de distribución gratuíta é decir, a práctica totalidade das informacións que se producen en Internet, aínda que na convocatoria apareza contemplada a alternativa dixital.

 
 

A Xunta de Galicia non concede axudas a medios de comunicación galegos que sexan gratuitos

 
7 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A inmensa maioría dos xornais dixitais galegos non dependentes dos xornais escritos, non poderán acceder ás axudas convocadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por resolución do pasado 19 de novembro. A orde encerra unha grande contradición no feito de que no apartado a) do "Obxecto" da convocatoria se refira a "empresas que transmitan a súa actividade informativa diaria a través de Internet", mentas que no c) das "Actuacións subvencionables" se exclúa categoricamente "as publicacións de distribución gratuíta". Xa que a práctica totalidade do que se publica en Internet é de acceso e distribución completamente gratuíta.

Do contido da resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 249 de 27 de decembro pasado, que asina o secretario Xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, transcende a clara vontade da Xunta de dirixir exclusivamente as axudas ás empresas galegas xa consolidadas no eido da comunicación, sen a mínima opción a calesqueira outras iniciativas pese a que, nesta ocasión, introdúcese na convocatoria a fórmula de "réxime de concorrencia competitiva". A disposición entende por "empresas xornalísticas e de radiodifusión", as capaces de producir xornais diarios, empresas radiofónicas privas "e aquelas que transmitan a súa actividade informativa diaria a través de internet, vía satélite ou por calquera outro sistema que empregue soportes das novas tecnoloxías da comunicación". Pese a cal, como queda dita, no caso de Internet estraga o apartado c) do capítulo seguinte referido as actuacións subvencionables, onde se descarta a inmensa maioría da produción por ser "de distribución gratuíta".

Precedentes

A situación actual ven a perpetuar e non a corrixir ou enmendar a que produciu o anterior Goberno do Partido Popular. Sendo presidente Manuel Fraga, produciuse o decreto 96/2004 de data 13 de maio que modificaba o anterior, 71/1999, de 18 de marzo.
O Goberno de Fraga modificaba o artigo 1 do decreto de 1999, e o redactaba coma na actualidade o recolle o bipartito PSOE-BNG. Era entón cando se introducía as variantes relativas as novas tecnoloxías da comunicación, e se facía mención explícita a "internet, vía satélite ou por calquera outro sistema que empregue soportes das novas tecnoloxías da comunicación". Exactamente o que se reflicte na resolución para o ano 2008.
Tampouco entón como agora se eliminaba a gratuidade das publicacións como factor excluínte das axudas da Xunta de Galicia.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital