Home  
 
 
 
 
 

Manzaneda e o seu Concello siguen agardando pola recuperación do alcalde, José Antonio Núñez, despois do derrame cerebral que sufrira o domingo, 18 de novembro pasado. Mentras as noticias que siguen a chegar a Manzaneda sobre a saúde do rexedor son boas, no Concello a situación é de "respetuosa provisionalidade".

 
Noticias Relacionadas
  Ingresó grave en el Complejo Hospitalario de Ourense el alcalde de Manzaneda
 
 

Manzaneda sigue agardando pola recuperación do seu alcalde có Concello en situación de "respetuosa provisionalidade"

4 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Mes e medio despois de que o 18 de novembro pasado o alcalde de Manzaneda, o nacionalista José Antonio Núñez Domínguez, sufrira un derrame cerebral, o Concello afronta unha situación de "espera" e "respectuosa provisionalidade" co primeiro tenente de alcalde, o socialista Herminio Cereijo Diéguez, desempeñando tamén a alcaldía en funcións.
Segundo as fontes consultadas por Ourense Dixital, a recuperación do rexedor municipal de Manzaneda "é sorpresivamente boa e fai concibir moitas esperanzas". A gravidade das

lesións fixo temer moi seriamente pola súa nun primeiro momento, e o 21 de novembro José Antonio Núñez foi traslado do Complexo Hospitalario de Ourese o Juan Canalejo de A Coruña.

Mentres se agarda pola recuperación plena do rexedor municipal, extremo que, loxicamente, non pode confirmarse, fontes do BNG e do propio Concello de Manzaneda coincidían este xoves en que "a normalidade no Concello é a que se pode e a que se debe", ao tempo que se subliñaba a "respectuosa provisionalidade" da situación municipal e o respecto que gardan os tres grupos políticos na Corporación pola situación persoal do alcalde.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital