Home  
 
 
 
 
 

Con non estar lonxe da capital ourensá, Verea é un concello mui mal comunicado, sinalan o Grupo do PSdeG-PSOE. Tan só hai unha licenza de taxi, o transporte público é escaso e incluso quedan poucos turismos particulares. Os socialistas sospeitan que poide que teña moito que ver coa situación o feito de que o alcalde non resida en Verea, e anuncian que plantexarán que se solicte o programa TES+BUS e poder así aproveitar as liñas do transporte escolar que anda sobrado de prazas baleiras.

 
 

O PSOE alerta do mal comunicada que está Verea, cecais porque o alcalde non reside no concello que rixe

 
4 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O feito de que o alcalde de Verea non resida no municipio, leva a pensar aos socialistas deste Concello que o popular Juan Antonio Martínez González "non se da conta das importantes complicacións que está causando a supresión de varias liñas de transporte regular de viaxeiros". Segundo o portavoz do PSdeG-PSOE, Félix Parada, "as comunicacións de Verea con Ourense e con outros municipios da provincia é moi deficiente pero o Sr. alcalde non de decata da situación porque non vive en Verea".
Ao escaso transporte público, os socialistas engaden que só existe unha licenza de taxi en todo o concello, e que cada vez hai menos vehículos particulares debido a avanzada idade dos veciños.
Para solucionar este problema o Partido Socialista de Verea anuncia que pedirá ao grupo de Goberno que se poña en contacto coas Consellerías de Educación e de Política Territorial para solicitar o programa TES+BUS, e poder así aproveitar as liñas de transporte escolar que enlazan as diversas poboacións do concello.
Félix Parada explica que, nestes intres, o seu partido xa está a manter contactos coas administracións pertinentes para que veciños e veciñas de Verea poidan empregar as prazas de transporte escolar que, debido á baixa natalidade, van baleiras.

A isto, o Grupo do PSdeG-PSOE engade a acusación do seu portavoz de que os orzamentos de Verea "estanse investindo en chapuzas e favores electorais e non se empregan en actuacións importantes que solucionarían moitas das demandas diarias dos  veciños e veciñas do municipio".
Para os socialistas de Verea,  unha das prioridades do actual Goberno local tería que ser o remate das obras da estrada que comunica o Alto do Monte con Pitelos que, "se atopa nun estado penoso". Isto pese a que é, subliña Félix Parada,  unha das estradas máis transitadas do municipio e non cumpre uns mínimos requirimentos de  seguridade. "É moi estreita, tan só 3,5 metros de ancho fronte aos 5 metros que mide o treito xa arranxado cando gobernábamos os socialistas", sinala o portavoz do PSdeG-PSOE.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital