Home  
 
 
 
 
  Unha praza do seu Grou natal, no Concello de Lobios, levará dende este venres o nome de Elixio Rodríguez, o histórico galeguista aquí nacido e finado en xullo do 2006 en México. Aos actos en homenaxe a Elixio Rodríguez asistirá a súa familia, a sua dona e os seus fillos, vidos dende México para a ocasión.
 
 

A parroquia de Grou, en Lobios, e Celanova renden homenaxe ao histórico galeguista Elixio Rodríguez

4 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O histórico galeguista, Elixio Rodríguez, fundador das Mocidades Galeguistas e finado en México recentemente, será homenaxeado este venres con diversos actos organizados, entre outras, pola Fundación Galiza Sempre.
A primeira cita será ás 12 da mañá coa inauguración da praza que levará o seu nome na parroquia de Grou (Lobios) onde naceu o 4 de xaneiro de 1910.
No descubrimento da placa estarán a súa dona e fillos vidos dende México para participar nesta homenaxe. Os seus familiares estarán acompañados polo tenente de alcalde de Lobios, Deibe

Simo, o presidente da Fundación Galiza Sempre, Xosé Manoel Beiras e o delegado de Cultura, Xosé Carlos Sierra. Ao acto tamén se sumará o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
Ás 12.30 o multiusos de Lobios será escenario da presentación da reedición das súas memorias Matádeo mañá onde relata as súas vivencias durante a represión falanxista e a guerra civil até que chegou a México exiliado no 1939.

Xa pola tarde, a partir das 17.30, o Instituto de Celanova acollerá o acto de recoñecemento da súa vida e obra no que intervirán Anxo Quintana,  Vicepresidente da Xunta de Galiza, Xosé Manoel Beiras, Ana Miranda, responsable da comisión de emigración do BNG e Xosé Manoel Pereiro, xornalista.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital