Home  
 
 
 
 
 

"Unha pinga de auga, unha pinga de vida" é un conxunto de fotografías que amosan o problema que teñen países como Palestina para obter auga potable. Esta exposición poderase visitar no Centro Comarcal das Terras de Trives -a onde chega provinte do de Valdeorras- durante todo este mes.

 
 

"Unha pinga de auga, unha pinga de vida" llega ahora a Trives

3 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Ao Centro Comarcal das Terras de Trives chega dende o de Valdeorras a exposición "Unha pinga de auga, unha pinga de vida" da fotógrafa profesional Brigitte Grignet.
Brigitte Grignet recolleu para a ONG Acción contra a Fame as 30 imaxes que forman parte desta exposición. As fotografías realizáronse en Gaza e Cisxordania e reflicten diferentes aspectos relacionados co saneamento e a potabilidade da auga nunha zona de conflito, así como as solucións técnicas que esta organización está a desenvolver neste territorio.

Palestina é un país no que o 40 por cento dos habitantes non dispón de auga potable. Dende o ano 2002, Acción contra a Fame financia proxectos de rehabilitación de infraestruturas básicas para solucionar este problema e desenvolve actividades relacionadas co saneamento e coa seguridade alimentaria.
"Unha pinga de auga, unha pinga de vida" está promovida pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza -dependente da Consellaría de Medio Rural -, por Cooperación Galega -dependente da Presidencia da Xunta de Galiza -, pola Comisión Europea (Axuda Humanitaria) e pola ONG "Acción contra el hambre".
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital