Home  
 
 
 
 

Susana Vera

 
 

Unha compilación documental da fotógrafa Susana Vera feita na súa recente visita a Malawi, trata de relacionar a SIDA coa fame. De ahí o seu título, "Sida: a outra cara da fame". Está no Centro Comarcal de Carballiño ata o 30 de xaneiro.

 
 

En Carballiño, unha exposición fotográfica relaciona a Sida coa fame

2 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza – dependente da Consellaría do Medio Rural – organiza a exposición “Sida: a outra cara da fame”, que se pode visitar no Centro Comarcal do Carballiño entre o 2 e o 30 de xaneiro. A mostra trata de explicar a relación que existe entre a fame e a sida e está promovida pola ONG Acción contra el hambre.

A exposición é unha compilación do traballo realizado pola fotógrafa Susana Vera durante a súa recente visita a Malawi, un país no que o 14% da

poboación vive co VIH. Un total de 25 fotografías en cor, paneis explicativos, pósters e mais unha testemuña audiovisual serven para coñecer o drama das mulleres e dos nenos que están a sufrir esta enfermidade a causa da fame.

A exposición poderase visitar no Centro comarcal do Carballiño en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. de luns a venres. Durante as fins de semana e os festivos, estará aberta de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital