Home  
 
 
 
 
 

"Revolución Azul" é unha exposición que amosa o drama que sofren 1.100 millóns de persoas en todo o mundo que non poden acceder a auga de calidade. Dende o 2 ao 29 de Xaneiro no Centro Comarcal de Valdeorras, promovida pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia en colabora coa ONG "Acción contra el hambre".

 
 

"Revolución Azul" amosa en Valdeorras o drama dos que non teñen auga en condicións mínimas para vivir

2 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Centro Comarcal de Valdeorras acolle a exposición “A revolución azul”, coa que se pretende amosar a problemática que se deriva da falta de auga potable, que hoxe en día sofren 1.100 millóns de persoas en todo o mundo. A exposición poderase visitar entre o 2 e o 29 de xaneiro.
Nela preséntanse, a través de carteis publicitarios e de paneis didácticos, as situacións que se derivan da carencia tanto de auga de calidade como de infraestruturas de saneamento básico. Os carteis aparecen divididos arredor de catro mensaxes clave: os aspectos

xerais, os problemas concretos, as solucións existentes e a revolución azul.

A mostra proponlles aos visitantes solucións posibles a estas situacións e amósalles tamén as iniciativas e os esforzos que a ONG Acción contra a Fame está a realizar en máis de 40 países para tratar de paliar esta situación.
"A Revolución azul” está promovida pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza – dependente da Consellaría de Medio Rural –, por Cooperación Galega – dependente da Presidencia da Xunta de Galicia –, pola Comisión Europea (Axuda Humanitaria) e pola ONG "Acción contra el hambre".

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital