Home  
 
 
 
 
O director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia inaugurou catro telecentros este luns, dous deles na provincia de Ourense. Son os de O Barco de Valdeorras e Xinzo de Limia.
Os telecentros son espazos acondicionados acusticamente e de estética particular, que dispoñen de material informático (ordenadores, impresoras, etc), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios.
 
 
 
Inaugurados os telecentros de O Barco de Valdeorras e Xinzo de Limia
18 de DECEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, inaugurou hoxe por multivideoconferencia os telecentros de Santa Comba, O Barco de Valdeorras, Xinzo da Limia e Lalín, acto que estiveron tamén o alcalde de O Barco, Alfredo García, e o tenente alcalde de Xinzo, Daniel Blanco, polo que respecta aos telecentros da provincia de Ourense..
Segundo Fernández Iglesias a rede de telecentros de comunicación "ten como obxectivo fundamental o de achegar á cidadanía as novas canles de comunicación", e destacou que a rede de telecentros "é o espazo apropiado para iniciarse no mundo da comunicación audiovisual e a alfabetización dixital".

O acto de inauguración incluíu a sinatura, a través do certificado dixital, con cada un dos concellos participantes do protocolo de colaboración que rexe os centros. O protocolo establece a dotación e posta en funcionamento dos telecentros situados en locais propiedade dos respectivos concellos e a súa incorporación á rede de telecentros da Xunta de Galicia.
O protocolo asinado na mañá deste luns establece as liñas de colaboración entre a Secretaría Xeral de Comunicación e os concellos do Barco de Valdeorras, Xinzo da Limia, Santa Comba e Lalín e para a posta en funcionamento do telecentro de comunicación.
A secretaría xeral de Comunicación colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico. Ademais, incorpora o concello á rede de telecentros de comunicación asegurando que se beneficien dos programas formativos que a Secretaría organiza a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
Pola súa banda, os concellos asinantes do protocolo poñen a disposición do proxecto un local onde desenvolver as actividades cunha extensión mínima de 80 metros cadrados sen barreiras para persoas de mobilidade reducida. Así mesmo, asumen, dentro dos orzamentos municipais, os gastos de acondicionamento do telecentro. Ademais comprométense co mantemento ordinario e apertura constante ao público do telecentro. Por último, o concello nomeará unha persoa responsable local que actuará de contacto coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e que dinamizará o telecentro.

Un telecentro de comunicación é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais, multimedia, etc) dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital