Home  
 
 
 
 

   Alberto Fidalgo

 
  Despois de que durante a semana pasada dous técnicos evaluaran o estado das obras, o Ministerio de Cultura anuncia que no mes de febreiro que ven se reanudarán os traballos pendentes no Cuartel de San Francisco.
Tal se extrae da resposta que Cultura lle da a unha pregunta que, neste sentido, lle fixo o deputado do PSOE por Ourense, Alberto Fidalgo.
 
 
Cultura anuncia que as obras do Cuartel de San Francisco reporánse no mes de febreiro próximo
18 de DICIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL
   

"Cultura está a traballar para que as obras do Cuartel de San Francisco se reanuden canto antes", sinala o deputado socialistas por Ourense, Alberto Fidalgo.
É conclusión que o deputado extráe da resposta escrita a unha pregunta presentada presentada por él, en relación ás obras da Biblioteca Pública do Estado e o Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
Segundo Fidalgo Francisco, o Ministerio de Cultura asegura que : "Tras as evaluacións técnicas necesarias, conclúese a existencia da causa de

resolución do contrato, adoptándose polo Secretario Técnico da Xerencia da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura, en data do 26 de novembro de 2007, o acordo preceptivo para proceder á iniciación do expediente de resolución... "

Na resposta dada ao parlamentario do PSOE, engade o Ministerio de Cultura que,"Coa finalidade de que canto antes se poida procede á continuación das obras, habéndose realizado xa a liquidación das executadas, o expediente para a aprobación da resolución e liguidación será conxunta, acelerándose así o proceso".
Alberto Fidalgo explica que "según informou o Ministerio de Cultura, durante a pasada semana, dous técnicos do Ministerio estiveron en Ourense para evaluar o estado das obras realizadas ata o de agora e levantar as actas pertinentes para que as obras poidan reanudarse de inmediato".

Segundo o deputado socialista, "durante o vindeiro mes de xaneiro axilizarase todo o proceso administrativo (intervención xeral, consello de ministros, consello de Estado...) para que as obras poidan reanudarse alo longo do mes de febreiro", ao tempo que Alberto Fidago asegura que o Ministro de Cultura está a seguir directamente todo o proceso das obras destas obras.
"Os cidadáns deben ter claro que todos estamos a realizar o noso traballo neste asunto; o alcalde coa xuntanza que mantivo co ministro o pasado catro de setembro, para desbloquear as obras e, o ministro acelerando os trámites administrativos para que as obras non se demoren", conclúe Fidalgo Francisco.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital