Home  
 
 
 
 
 

Xuntos pode pero revoltos nunca, ven a decir o portavoz do PSOE na Deputación de Ourense, Alfredo García, quen, de entrada, rexeita que os socialistas sexan unhos caciques, ainda que o presidente do PP, sinala, o queira recoñecer.
Eso sí, con certa sorna, o portavoz do Grupo do PSOE agradece públicamente nun comunicado de urxencia emitido as poucas horas das declaracións de Baltar Pumar, que o presidente do PP de Ourense "recoñeza o que xa sabemos todos os ourensáns, que é un cacique". Eso sí, rancio como que o seu caciquismo, sinala, "non sirve para solucionar os problemas da provincia", e do século XVIII pero "con mañas do XXI".

 
Noticias Relacionadas
  Baltar asume que es un "cacique rancio" para acusar a BNG y PSOE de inventar "un caciquismo do século XXI"
 
 

O PSOE agradécelle a Baltar "que recoñeza o que xa sabemos todos os ourensáns, que é un cacique", pero pídelle que non mezcle

 
14 de DECEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O portavoz do grupo socialista na Deputación provincial de Ourense, Alfredo García, atribúe as declaracións de José Luis Baltar "ao nerviosismo que padece dende hai un tempo o Partido Popular". García afirma que "é moi triste que o presidente dunha Deputación se autodefina como 'cacique rancio', o problema é que o seu caciquismo xa non serve para solucionar os problemas da provincia de Ourense. O seu caciquismo levou a moitos municipios a unha situación de atraso difícil de solucionar".
Os socialistas agradecen a Baltar que recoñeza o que "todos os ourensáns xa saben que é un cacique", pero puntualizan que é un cacique do século XVIII con mañas do XXI".

Respecto as listas coas que Baltar amenazou con revelar si socialistas e nacionalistas vulneraban unha especie de acordo tácito que haberían entre tódalas forzas, o portavoz do PSOE na Deputación califica as imputadas ao Partido Socialista de "listas fantasma", e di que "a única lista que existe é esa na que figuran 500 traballadores da Deputación que son cargos electos do Partido Popular, ex-concelleiros, parellas, curmáns e demais familiares dos afiliados ao PP".
"Baltar sabe que a súa vida política está a piques de rematar e que o Partido Popular estase convertendo nunha forza política residual e, en lugar de levar a cabo as súas funcións como presidente da Deputación e loitar polo intereses da provincia, o que fai é criticar e ameazar con listas fantasmas", recalca o deputado socialista.
Neste senso, no comunicado de urxencia feito na tarde deste xoves a raíz das declaracións do presidente da Deputación de Ourense e do PP, o portavoz socialista coincide en certa medida co dito tamén polo seu homónimo do BNG, o sinalar Alfredo García que "ano tras ano, os orzamentos do ente provincial amosan que o único obxectivo que ten Baltar é converter á Deputación nunha empresa de contratación dos seus amigos", recordado ao respecto que "máis dun tercio dos orzamentos se adiquen a gastos de persoal".

Rexeita a cualificación

Ao contrario que Baltar Pumar, que asume ser "un cacique do século XIX ou XVIII", Alfredo García rexeita a cualificación dada a socialistas e nacionalistas polo presidente do PP e da Deputación de Ourense: "caciques do século XXI". O poratovoz socialista pídelle á Baltar en nome do seu partido que "que non volva repetir que somos igual ca él". Segundo Alfredo García, "non somos caciques e temos unha forma de Gobernar moi distinta e, así o estamos demostrando en Madrid con Zapatero e, en Galicia con Touriño, políticos moi diferentes a Aznar e Fraga"

Segundo o portavoz do Grupo do PSOE na Deputación de Ourense e alcalde de O Barco de Valdeorras, "a estratexia política de Baltar consiste en que canto peor lle vaia á provincia de Ourense mellor lle irá a el". Esto ten unha finalidade, "así pode ter controlada a moita máis xente con traballos enventuais que xenera ese monstruo de consumir diñeiro que é a Deputación".
Afirmación que, segundo Alfredo García, está avalada polo feito de que "no ente provincial entran ao ano 77 millóns de euros dos que tan só 12 millóns se adican a inversións reais, o resto o consume o monstuo creado por Baltar que a Deputación de Ourense".

Volver atras
Imprimir Página
 
  Alfredo García, portavoz do PSOE na Deputación de Ourense
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital