Home  
 
 
 
 
 

Unha de cal e outra de area. A de cal é que Ourense é a única provincia galega onde se reduciron en outubro os accidentes laborais con resultado de morte, que baixou de dous a un. Pero a de area é que, pola contra, mentras os sinistros graves -77 en total en toda Galicia- baixaron no resto das provincias, en Ourense dase un comportamento negativo o pasar de oito a once.
Así a todo é positivo o comportamento da siniestralidade laboral na nosa provincia no que respecta aos datos acumulados no que xa vai transcurrido deste ano, ao baixar tanto os accidentes mortais como o total dos mesmos con respecto ao mesmo periodo do ano pasado.

 
 

A sinistralidade laboral en 2007 en Ourense sigue por debaixo da de 2006 segundo datos da Xunta

26 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

Ourense foi a única provincia galega na que se produciu un descenso da sinistralidade laboral con resultado de morte no pasado mes de otuburo, segundo informa a Xunta de Galicia. Fronte ao mesmo mes do ano pasado, produciuse en Ourense un só accidente mortal cando en dito mes de referencia se produciran dous. Ourense é a única provincia que invirte a tendencia alcista xeneralizada, xa que Coruña pasou de contabilizar un deste accidentes a cinco agora, Pontevedra pasou de 2 a 3, mentras que Lugo rexistrou 2 cando en outubro do 2006 non se produciu ningún.

En total, no mes de outubro rexistráronse en Galicia 5.061 accidentes en xornada laboral, cifra que no mesmo mes do ano pasado foi de 4.774. Así pois, a variación do índice de incidencia (dato que pon en relación o número de accidentes co número de traballadores afiliados con continxencia de traballo cuberta) é dun 2,57%.
Do total de accidentes, 77 foron de carácter grave. Esta tipoloxía de accidente rexistrou unha variación do índice de incidencia dun -31,02%, dado que a cifra de accidentes graves de outubro de 2006 foi de 108. Os descensos producíronse nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, que pasaron de 42 a 32 accidentes, de 7 a 5 na provincia lucense e de 51 a 29, no caso de Pontevedra. Pola contra, Ourense presentou un comportamento negativo, ao pasar de 8 a 11 accidentes.

Datos acumulados de 2007

Entre xaneiro e outubro do presente ano producíronse en xornada laboral un total de 67 accidentes con resultado de morte. A estas alturas do exercicio en 2006 houbera 61, polo tanto rexístrase unha variación do índice de incidencia de 5,38%. Por provincias, cómpre destacar o descenso que se produciu na Coruña, que pasou de 25 accidentes en 2006 a 22 este ano. Tamén foi positivo o comportamento de Ourense, que reduciu os sinistros mortais de 9 a 8. Sen embargo, en Lugo ascenderon de 7 a 17 e en Pontevedra mantívose a cifra de sinistros rexistrados (20). Por sectores, a sinistralidade ascende na agricultura e na pesca, mentres que descende na industria e se mantén na construción e no sector servizos.

O total de accidentes laborais no devandito período ascendeu a 43.613, fronte aos 40.980 do ano pasado. Deste número, 715 foron de carácter grave, cando en 2006 o balance foi de 818, o que implica unha variación do índice de incidencia dun -16,13%. Este descenso produciuse en boa medida pola baixada de sinistros graves na Coruña (cunha variación do índice de incidencia de -25,35%). Tamén se rexistrou un descenso na provincia de Pontevedra (-13,27%) e de Ourense (-3,56%). En Lugo a variación do índice de incidencia foi dun -0,19%.

Volver atras
Imprimir Página
 
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital