Home  
 
 
 
 
 

No transcurso dun magosto ao que asistiu o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana anunciou que o seu departamento ten en marcha 82 programas de dinamización, coidado e atención a maiores, nos que en 2008 se invisterán 805.000 euros, un 61% máis que en 2007. Trátase, tal e como dixo Quintana, de "achegar máis e mellores oportunidades para incrementar a autonomía, a participación social, o ocio e o lecer a todos os maiores do país".

 
 

Quintana insiste en Ourense en que o referente das políticas da Xunta cos maiores é que permañezan non seus domicilios

26 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL
Quintana volveu a insistir en que a permanencia dos maiores nos seus domicilios é un dos principais referentes das políticas do seu departamento ao respecto, e afirmou que “o noso obxectivo é que se poida envellecer na casa, permanecer

no fogar o maior tempo posible e para iso estamos a traballar intensamente en varias direccións”. Para lograr este obxectivo de permanencia no fogar, a Vicepresidencia ten en marcha distintos servizos e programas: axuda no fogar, a Rede Galega de Centros de Día, a Rede Galega de Centros de Alzheimer, o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal e a libranza para o coidador habitual. Dentro da axuda no fogar, o departamento autonómico achega para o ano que vén 27 millóns de euros, fronte aos só 3 millóns de euros que se dedicaban en 2005 para este programa.

A Rede Galega de Centros de Día supón a posta en marcha de 55 centros de día en todo o país, dos que 22 están na provincia de Ourense, unha zona especialmente necesitada de equipamentos deste tipo, xa que o 28,3% da poboación ourensá ten 65 ou máis anos. Destes 22 centros, tres xa están rematados e entran en funcionamento este trimestre (Coles, Taboadela e Rairiz de Veiga) e agora estanse executando doce novos centros de día. Ata finais de lexislatura construiranse outros sete novos centros de día na provincia.

A cidade de Ourense contará tamén cun centro de Alzheimer, que forma parte da Rede Galega de Centros de Día para a Atención de Enfermos de Alzheimer e outras demencias. A Vicepresidencia iniciou os trámites para a adquisición dos terreos nos que se vai situar este centro, que se comezará a executar o vindeiro ano. Outros dos programas que o vicepresidente sinalou como prioritarios é o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, o 065 social, un servizo de transporte adaptado que estarán en funcionamento no 70% dos concellos ourensáns antes de que remate o ano e que chegará ao resto dos municipios da provincia entre 2008 e 2009.

Por último, Quintana lembrou que “se queremos que as persoas permanezan no seu fogar o maior tempo posible, non nos podemos esquecer das familias coidadoras”. Por iso, recordou que, como medida de apoia aos coidadores, no 2008 porase en marcha a libranza do coidador habitual, que vai permitir que uns 10.000 galegos e galegas poidan darse de alta na Seguridade Social e cobrar unha paga de ata 500 euros mensuais por atender a algún familiar dependente. Destes 10.000 beneficiarios, arredor de 1.300 estarán na provincia de Ourense.

Atención residencial en Ourense

 O vicepresidente afirmou que dende o Sistema Galego de Benestar, ademais de traballar por acadar a máxima permanencia no fogar dos maiores, tamén se traballa para dar unha resposta axeitada naqueles casos nos que continuar no fogar xa non é posible. Para mellorar a atención residencial, a Vicepresidencia executa o Plan Integral de Mellora de Centros Residenciais (PIM), que na provincia de Ourense supón obras de mellora e adaptación dos centros residenciais de Bande, Nosa Señora dos Miragres de Cabeza de Vaca (Barbadás) e O Carballiño, cun investimento de máis de 6,2 millóns de euros. Ademais, dentro do ámbito de atención residencial, unha das seis residencias que se van construír a través de Sogaserso estará situada en Ourense, coa creación de 150 prazas para residentes e 60 de centro de día.

REDACCIÓN de Ourense Dixital
Volver atras
Imprimir Página  
 
REDACCIÓN de Ourense Dixital
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital