Home  
 
 
 
 

Francisco Rodríguez

 
  Os plantexamentos de Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, de que a integración do AVE nesta cidade pase por un "plan ambicioso e integral" valen para o PSOE ourensán.
A Executiva Municipal do partido acordou por unanimidade respaldar a Francisco Rodríguez nas súas tesis, ao que únicamente se lle pide que "acadar un plan tan ambicioso como sexa posible para que ó proxecto do AVE constitua un fito no desarrollo futuro de Ourense".
 
 
Respaldo total do PSOE de Ourense ao alcalde para negociar con Fomento a integración do AVE
21 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

A Executiva Municipal do PSdeG-PSOE en Ourense respalda unánimemente á proposta do Alcalde de Ourense e secretario xeral da Agrupación Local, Francisco Rodríguez, de negociar co Ministerio de Fomento "un plan ambicioso e integral" para a integración urbana do AVE, que contemplaría a construcción dun trazado alternativo ó actual, por fora do casco urbano da cidade.
O acordo foi tomado por unanimidade, no transcurso dunha reunión extraordinaria da Executiva, convocada para aportar unha reflexión da dirección local do Partido Socialista en torno á integración futura do AVE na trama urbana de Ourense, considerada como "un proxecto estratéxico e clave no desenvolvemento de todo o Plan da Alta Velocidade en Galicia".

Nun comunicado feito público ao remate da reunión, dise que "os socialistas de Ourense consideramos a chegada do Tren de Alta Velocidade como o proxecto estratéxico máis importante das próximas década para a nosa cidade e para toda a provincia", e que "este proxecto significa un reto social e político, que Ourense debe afrontar dende ó máximo consenso na formulación dun obxetivo común: Gañar a oportunidade histórica que representa o AVE para o acadar despegue, o desenvolvemento socio-económico e a modernización definitiva de Ourense".

O Partido Socialista emplaza ós axentes sociais e económicos, colexios profesionais, colectivos e asociacións representativas da nosa cidade, e a todos ós cidadans, a dar seu apopio a un proceso que, liderado polo noso Concello en representación de todos os ourensans, "nos permita acadar un plan tan ambicioso como sexa posible para que ó proxecto do AVE constitua un fito no desarrollo futuro de Ourense". Ao tempo que expresa manter a su aposta por "un Plan de Alta Velocidade que transforme a Ourense en nodo central de comunicacións entre Galicia, a Meseta e o Norte de Portugal".

Respaldo ao alcalde de Ourense

Neste mesmo comunicado, faixe constar que o Partido Socialista "respalda incondicionalmente á proposta do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, de negociar co Ministerio de Fomento un plan integral tan ambicioso como sexa posible para a integración urbana do AVE", e de seguido enuméranse unha serie de actuacións concretas.

•  Realizar un proxecto de trazado alternativo, que se construiría por fora do casco urbano, a fin de que esta importantísima infraestructura non condicione o desenvolvemento futuro nin perpetúe a división que representa o trazado actual.

•  A centralidade de Ourense é irrenunciable: A Estación Empalme deber á ser transformada en nodo central das comunicacións de Alta Velocidade entre Galicia, a Meseta e o Norte de Portugal, coa incorporación do equipamento intermodal necesario para integrar todo os modos de transporte terrestre.

•  Asegurar a reordenación e rehabilitación en profundidade de ámplias áreas urbanas da cidade, en San Francisco, A Ponte, O Vinteún, O Pino e Peliquín, así como a construcción de novas dotacións e equipamentos.

•  A fin acadar recursos que melloren o proxecto, incrementen o investimento, e permitan obter novos servicios e dotacións para á cidade, o Concello facilitará o desenvolvemento urbanístico ordenado e sostible das zonas afectadas pola integración do TAV en Ourense, de xeito que o eventual uso residencial, comercial ou terciario dos solos liberados garanta ó máximo de autofinanciación e asegure o proxecto máis ambicioso posible.

•  O Partido Socialista entende que este impresionante reto para Ourense solo podemos acadalo dende o máximo consenso social e político, a negociación responsable, e o respeto institucional.

Volver atras
Imprimir Página
 
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital