Home  
 
 
 
 
  Algo tan simple e necesario como é a carga e descarga no Auditorio da cidade, está a presentar unhos problemas relevantes, incluso para o tráfico. Os camións non poden acceder hasta o lugar, e os traballos hai que facelos a man. O acceso ao Auditorio segue pechado por mor da demora nas obras do complexo de San Francisco. Dende o Concello, la concelleira deCultura urxe saídas ao Ministerio.
 
 
O Concello intenta desbloquear o acceso ao Auditorio dos camións
5 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

A concellería de Cultura denuncia que nestes momentos ten que estar a facer as labores de carga e descarga de xeito manual dende a rúa da Canle ao estar pechado o acceso ao auditorio por mor da demora nas obras no complexo de San Francisco. No convenio asinado entre o ex alcalde do PP, Manuel Cabezas e o Ministerio de Cultura, o concello cede a totalidade do solo anexo ao convento de San Francisco. A empresa encargada das obras no complexo valou o acceso pola parte de arriba do auditorio, que é o lugar por onde se tería que facer de xeito

mecánico a carga e descarga para a montaxe dos actos.

A concellería de Cultura púxose en contacto coa Biblioteca UTE (Construcciones de Castilla) quen negou o acceso para que os camións realizasen a pertinente carga e descarga. Este é precisamente un dos puntos de negociación que se teñen que abordar de xeito inmediato co Ministerio de Cultura para permitir o normal funcionamento do auditorio, segundo indica a concelleira Isabel Pérez.
Na actualidade os camións teñen que estacionar na rúa da Canle (situada nun dos laterais do auditorio) e facer dende alí de xeito manual as labores de carga e descarga coas conseguintes incomodidades que leva aparellada para os traballadores, a perda de tempo e sobrecusto.

Por este motivo a concellería de Cultura enviou un buro-fax ao Ministerio de Cultura para abrir a rúa que comunica coa parte traseira do auditorio, permitindo así a entrada de camións, xa que non existe ningún outro xeito técnico de facer a carga e descarga senón é de forma manual. A outra posibilidade consistiría en meter os camións na praza anexa ao auditorio, pero o peso da placa do aparcadoiro non está preparada para soportar o peso dos vehículos cargados, por este motivo esta posibilidade está totalmente desbotada.
A concellería pídelle ao Ministerio de Cultura a rápida solución para este contratempo que orixina ademais conxestións de tráfico cando se está a executar a carga e descarga de actos de certa envergadura. Ademais, Isabel Pérez lembra que a orixe do problema está no convenio asinado entre Manuel Cabezas e o Ministerio xa que o PP cedeulle a totalidade do terreo ao Goberno central sen ter en conta as necesidades que había para usos propios e para prestar un bo servizo no auditorio.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital