Home  
 
 
 
 
  Trátase de "unha novidosa iniciativa que abre os dispositivos sanitarios públicos á humanización e á cultura". Así o ven os responsabeis do SERGAS, ao referirse as mostras do Outono Fotográfico que este ano acollen tamén catro centros de saúde da cidade, os de Parada do Xil e A Teixeira e o Complexo Hospitalario da capital ourensá.
 
 
O Outono Fotográfico chega aos centros sanitarios para achegarlles cultura e humanizalos
5 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

Os Centros de Saúde de A Ponte, A Cuña, Novoa Santos e Valle Inclán, en Ourense, eos de Parada do Sil e A Teixeira, así como o Complexo Hospitalario de Ourense acollen hasta o día 18 sendas mostras no marco do "Outono Fotográfico". Trátase de "unha novidosa iniciativa que abre os dispositivos sanitarios públicos á humanización e á cultura", sinalan os responsabeis do SERGAS.
Para a montaxe das exposicións, o Servizo Galego de Saúde debeu instalar soportes específicos nos distintos centros que a partir de agora estarán

dispoñibles para acoller novas iniciativas deste tipo. De feito, a vontade dos responsables da Sanidade Pública ourensá é establecer unha colaboración estable cos distintos organismos culturais e cidadáns, que permita humanizar os espazos sanitarios ofrecendo aos seus usuarios e usuarias este novo servizo.

Mostras para a reflexión

O Centro de Saúde Valle Inclán acolle a mostra "Mar de fondo en Chiapas" do fotoxornalista Jose Miguel Alfonso Suarez, formada por 27 imaxes en branco e negro e cor que reflicten o día a día do chamado Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN). A Ponte será o marco de "Retratos Urbanos" exposición de 14 imaxes en branco e negro de Marcos Rodríguez. Novoa Santos recibe tamén unha escolma de fotografía urbana reflectida na mostra de Pedro Gómez, "Modelos de cidade. A periferia no centro", composta por 12 pezas en branco e negro.

Pola súa banda A Cuña será sede da mostra dun dos autores españois con maior proxección internacional, Sergio Belinchón, que trae ao Outono Fotográfico unha das súas mostras máis coñecidas, "Cidades Efímeras", formada por 14 imaxes en cor sobre a deshumanización da arquitectura urbana. A mostra mais extensa é a instalada na sala de espera da Área de Dixestivo do Complexo Hospitalario de Ourense, no Santa María Nai, "At the Checkpoint", 40 fotos de Khaled Jarrar sobre a dificultade de convivir coas "fronteiras" que existen dentro dos territorios palestinos.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital