Home
 
 
 
 
  Non é a primeira nin a única ocasión e caso no que o PSOE insta ao seu correspondente goberno municipal a que, a súa vez, lle pida a Deputación que cumpla coa súa obriga de coidar como é debido a rede de estradas. É agora o caso de Leiro, onde o portavoz do PSOE pide o arranxo de alomenos seis estradas deste Concello.
 
 
Alomenos 6 estradas de Leiro están deixadas da man da Deputación, denuncia o PSOE  
3 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O poratavoz socialista no concello de Leiro pide o arranxo "canto antes" de alomenos seis estradas deste Concello que dependen da Deputación de Ourense. Son a OU-0301 ( San Clodio-Cenlle), a OU-0413 (Carballiño-Gomariz), a OU-0414 (A Almuzara-Leiro), a OU-0306 (San Cristovo-Leiro), a OU-0307(Leiro -Caldelas), a OU-0358 (Ramal a Berán de Arriba). O portavoz do PSdeG-PSOE, Manuel Rodríguez Fernández, denuncia o abandono que sufren estas estradas, nas que, segundo o socialista, "vaise arranxando alguna que outra fochanca de vez en cando".

O portavoz socialista cuestiona á Deputación e a conservación que a institución provincial fai da rede das carreteras da súa titularidade neste Concello, e sinala que tanto o descuido no que se atopan coma o feito de que "os arranxos se intensifican se nos atopamos cerca dun proceso electoral", non é un problema novo en Leiro. "Historicamente o noso Concello sempre foi maltratado por parte da Deputación e do seu presidente, José Luis Baltar", sinala Manuel Rodríguez.
Segundo o portavoz socialista, as estradas de carácter provincial de Leiro presentan unha sinalización deficiente, tanto horizontal coma vertical e de balizamento, e "o trazado destas vías é obsoleto, impropio de municipios do século XXI". En canto a súa conservación, sinala Rodríguez Fernández que "as cunetas están cheas de maleza, non se limpan axeitadamente", o que ao mesmo provoca que Leiro dé "a imaxe de abandono".

Nesta situación, o PSdeG-PSOE de Leiro anuncia que instará ao Goberno municipal, no vindeiro pleno municipal, a que faga todo o necesario "para que a Deputación empece a tomarse en serio o estado das estradas da súa competencia e que, canto antes, empecen a acondicionalas de modo axeitado".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital