Home
 
 
 
 
  Si se ten en conta que xa o ano pasado o goberno de Barbadás despreciou 150.000 € que Medio Rural lle daba aos concellos para limpar e conservar os camiños municipais, pouca confianza pode ter o BNG en que agora sí prospere a súa iniciativa. En calqueira caso, os nacionalistas presentaron por rexistro a proposta de que, nos orzamentos do ano que ven do Concello de Barbadás, se dispoña partida económica siquera para conservar a rede viaria local.
 
 
O BNG de Barbadás pide cartos nos orzamentos de 2008 para conservar e mellorar a rede viaria  
3 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O Grupo do BNG ven de presentar no rexistro municipal do concello de Barbadás unha moción relativa ao inventariado das rúas, camiños e pistas forestais para ser debatida no vindeiro pleno ordinario que se celebrará o próximo día 7 de novembro. Coa iniciativa preténdense analizar a situación en que se encontra a rede viaria interna das distintas parroquias, xunto coa elaboración dun plan de actuación plurianual no que se prioricen as distintas actuacións e se establezcan para cada obra unhas previsións de inicio e remate.
Por outra banda, o Grupo do BNG tamén solicitará na mesma sesión plenaria que nos orzamentos para o exercicio do 2008 se comtemple unha partida para a execución deste programa.

Sinalan os nacionalistas que no Concello de Barbadás "advírtese un claro abandono da marioría dos camiños que se abriron fai anos e que non foron obxecto de nengunha actuación posterior de mellora", o que repercute negativamente na valorización do territorio, na prevención e na defensa dos incendios forestais e, neste senso, mesmo no acceso dos vehículos como as motobombas e o traballo das brigadas.

Por último, sinalan os nacionalistas de Barbadás que non é a primeira vez que o BNG somete á consideración do Pleno unha moción similar neste Concello. Así, lembran que xa no mes de febreiro do ano pasado proxueron que se investiran no acondicionamento das pistas e camiños forestais de Barbadás os 150.000 € que a Consellaría de Medio Rural asignaba, como partida mínima, a cada concello. "Porén, naquel momento, o Sr. Freire Couto renunciou a estes cartos", sinalan os nacionalistas.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital