Home  
 
 
 
 
  Os sindicatos CC.OO. e CSIF advirten que, si Medio Rural non da marcha atrás na súa intención de rescindirlles os contratos aos fixos-discontinuos a falla de 3 días para completar os 9 meses de traballo que prometera, os traballadores do lume poderían levar as súas protestas aos actos tanto do conselleiro Suárez Canal coma do presidente Pérez Touriño.
 
 
Advirten con levar a partires do mes que ven aos traballadores do lume aos actos de Medio Rural e Presidencia  
27 de OCTUBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

Despois de recurrir ao Valedor do Pobo pedíndolle qu medie nun conflicto laboral que roza xa os 24 meses, dous anos, CSIF e CCOO informan que o pasado día 16 de outubro presentaron un escrito dirixido ó Conselleiro do Medio Rural polo que se lle solicita a Suárez Canal "que dera as instruccións oportunas para que se lle garanta a tódolos traballadores fixos descontinuos un período mínimo de alta de 9 meses".
Agora, as organizacións sindicais mencionadas anuncian que, de concretarse o incumprimento , convocarán unha concentración de traballadores fixos descontinuos diante da Consellería do Medio Rural de inmediato. Trataríase dunha medida de protesta polo que consdieran que é "o grave incumprimento que supón desviar para outros fins, o diñeiro destinado ós fixos descontinuos e comprometido e aprobado para tal fin nos orzamentos de 2007".

Así as cousas, Comisións Obreiras e CSIF advirten que podía esta non ser a única medida de protesta a desenrolar en vindeiras datas, xa que advirten que están valorando e non descartar facer acto de prensencia en tódolos actos que a partires do mes de novembro celebren tantos as consellerías de Medio Rural como de Presidencia.
CC.OO. e CSIF recórdanlle ó Conselleiro que ainda está a tempo de garantirlle os 9 meses a tódolos 610 traballadores fixos descontinuos e advírtenlle da existencia da recente sentencia do xulgado do social de Lugo que recoñece o dereito dun traballador fixo descontinuo non adherido a ser contratado dende o 5 de febreiro rexeitando e anulando o tribunal a discriminación infrinxida por Medio Rural a este afectado.

Por último, CCOO y CSI-CSIF fan un chamamento ós dirixentes do PSOE e do BNG, "para que asuman a responsabilidade e se impliquen na busca dunha solución negociada ó tempo que invitan ós responsables de Medio Rural a que poñan fin a súa política de confrontación e retomen o diálogo e o consenso como o camiño necesario para acadar unha saída xusta ás xustas e lexitimas demandas dos traballadores do Servicio de Extinción de Incendios Forestais".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital