Home  
 
 
 
 
  Tres xa están e máis que virán. Dí o alcalde de Cortegada que quere converter este Concello en modélico para a provincia en cuestión de prestación de sercicios aos cidadáns.
Polo de pronto, os veciños xa dispoñen do transporte compartido, e non terán que viaxar a Ribadavia para dilixenciar e informarse en materia de emprego. O mesmo que non terán que viaxar a Ourense para resolver os asuntos do Catastro.
 
 

O transporte compartido chega ao Concello de Cortegada, entre outros servicios

24 de OUTUBRO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

O transporte compartido, polo que tódolos cidadanás de Cortegada poderán facer uso do transporte escolar sempre e cando os buses teñan disponibilidade de plazas para elo, xa é unha realidade neste Concello, según informa o goberno municipal. Trátase dunha iniciativa das consellerías de Transporte e Educación que fai posible este tipo de comunicación polo módico precio dun euro.

O servicio en cuestión ponse en marcha xunto a outros dous que dispensa aos cidadáns a partires de ahora o Concello.

Trátase do Servicio de Arquitectura e do Punto de Información de Emprego.
Neste último caso, segundo o propio rexedor municipal, o socialista Avelino Luis de Francisco, "o emprego é un dos problemas que máis preocupa á sociedade actual", mentas explica que con este servicio "os interesados poderán consultar as ofertas de emprego, as actividades formativas e renovar a demanda de emprego sen ter que desprazarse a Ribadavia".

No caso do Servicio de Arquitectura, o que se lle evita os veciños de Cortegada e que teñan que desplazarse a Ourense, para o que "se abrirán dúas novas oficiñas, unha de información catastral e unha oficiña virtual de catastro, e deste xeito os cidadáns aforraranse ter que acudir á Xerencia Territorial da capital provincial", explica o rexedor socialista de Cortegada.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital