Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense anuncia que disporá de cinco brigadas que se encargarán de repor o material danado e arranxar os desperfectos que se produzan nos espazos públicos.
Segundo o tenente de alcalde e concelleiro de Infraestructuras, o teléfono de reclamacións -o 010- funciona mal e non é capaz de canalizar as demandas da cidadanía.
 
 
Cinco brigadas municipais arranxarán os desperfectos nos espazos públicos da cidade
5 de OUTUBRO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

A tenencia da alcaldía e a concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense, dentro do reordenamento interno das súas áreas, anuncian a creación dunhas brigadas de intervención rápida distribuídas por distritos (cada 20.000 habitantes) para arranxar todo tipo de desperfectos nos espazos públicos, así como para levar a cabo o mantemento do mobiliario e dotacións municipais.

Ante o mal funcionamento do teléfono de reclamacións, o 010, sinalan dende Tenencia de Alcaldía do Concello de Ourense, "xa que a través del non se están canalizando as demandas dos cidadáns en materia de reparacións dos espazos públicos", a Tenencia da Alcaldía e a concellería de Infraestruturas anuncian a creación de cinco brigadas de intervención rápida nos barrios para poder axilizar o ararnxo dos espazos deteriorados, o cambio de lámparas no alumeado público ou o mantemento do inmobiliario urbano (bancos, marquesinas, bordes das beirarrúas, etc).
En total, a dotación inicial que terán eses equipos de intervención rápida será de dez operarios, un persoal que se verá sensiblemente ampliado coa aprobación dos novos orzamentos coa fin de garantir un mellor servizo en toda a cidade e tamén nas parroquias do rural pertencentes ao concello.

As brigadas de proximidade repasarán a diario as rúas que se inclúen dentro do seu distrito e os propios cidadáns poden facerlle as súas demandas directamente. Ademais, as áreas do BNG preparan un teléfono para transmitir as peticións dos veciños, así como outras canles vía medios de comunicación. A intención será prestarlle a maior atención directa aos ourensáns para que os espazos de convivencia estean ben coidados, evitando ademais riscos de accidentes ou outro tipo de inseguridades.
A tenencia da alcaldía prepara unhas dúas novas brigadas de intervención rápida que serán postas en marcha a comezos do ano que ven, cuxa dotación será de 10 persoas en total e que reforzarán a presenza de operarios municipais na rúa.

 
 
 
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital