Sin renunciar a defensa da comarca e sin decir que a ZEPA de A Limia lle sirve, Unións Agrarias desmárcase do que califica de "campaña política" contra a ZEPA que artellou o alcalde de Xinzo coa complicidade do Sindicato Labrego Galego, según UU.AA.
O responsable desta organización na Limia, Xosé Ramón González, avisa de que a plataforma que está a pieques de xurdir "nace co claro obxectivo de manipular e buscar réditos políticos".
 
 
Unións Agrarias desmarcase do que califica de "contubernio" do PP e do SLG no asunto da ZEPA de A Limia
26 de SETEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

"Unións Agrarias continuará a súa defensa do sector agrario da Limia á marxe da campaña política encabezada polo alcalde do PP de Xinzo". Así escomenza Xosé Ramón González, responsable da organización sindical agraria na comarca de A Limia, o comunicado polo que Unións Agrarias se desmarca no sucesivo do que agora califica de "campaña política que encabeza o alcalde do PP de Xinzo".
A politización do asunto da ZEPA da Limia chegou ó punto de que Unións Agrarias non está convidada ó acto de creación da plataforma, que según os medios de comunicación, se desenvolverá esta tarde -refiróndose a este mércores, día 26-. En todo caso, de ser convidada nun futuro, Unións Agrarias non participará dunha plataforma que nace co claro obxectivo de manipular e buscar réditos políticos", sinala o dirixente da organización agraria socialista.
O sindicato dí desmarcarse totalmente do que califica de "contubernio protagonizado polo alcalde do PP de Xinzo e por dirixentes do SLG".

O sindicato di que mantén a súa propia postura sobre a ZEPA e que seguirá defendendo os intereses dos agricultores da Limia "á marxe das campañas de instrumentalización política do PP". De cara a aclarar a situación, "Unións Agrarias demanda de xeito inmediato máis información sobre a ZEPA por parte da Consellería de Medio Ambiente. De xeito paralelo, o sindicato insta a Medio Ambiente a ter en conta as alegacións de Unións sobre a ZEPA".

Lembra neste sentido Xosé Ramón González, que Unións Agrarias ten presentadas unha serie de alegacións en relación a Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) prevista para a Limia co obxectivo de garantir que o sector agrario poda continuar a desenvolverse con normalidade.
" En primeiro lugar, o sindicato considera que a zona ZEPA proxectada para a Limia é innecesaria para dar cumprimento á sentencia do Tribunal de Justicia da UE. A sentencia do Tribunal de Justicia deriva dun proceso iniciado no ano 2000. Entre o inicio do proceso, no 2000 e o 2007, a Xunta de Galicia promoveu novas zonas ZEPA que poderían facer innecesaria a ZEPA da Limia para o cumprimento da sentencia", sinala o responsable de Unións Agrarias na Limia..
De manterse o proxecto de decreto da ZEPA da Limia, Unións Agrarias solicita que a declaración da ZEPA non se asocie en ningún caso á declaración dunha ZEC (Zona de Especial Conservación), pois isto convertiría á ZEPA nun Espacio Natural Protexido. Unións insta a Medio Ambiente a evitar a catalogación como Espacio Natural Protexido dunha hipotética ZEPA na Limia, pois tal catalogación dificultaría novas construccións agrarias.

Unións Agrarias, por último, entende que, en todo caso, sería aconsellable desenvolver , antes da declaración da ZEPA, un Plan de Conservación de Rede Natura 2000 no que se establezan, previo consenso e participación das organizacións agrarias, o réxime e normas de usos, as actividades permisibles ou as normas de aproveitamento do chan; de xeito que non haxa limitacións para a expansión de regadios e para a construcción de granxas. Calquera outro límite que se puidera establecer para a actividade agraria deberá contar ademais coa correspondente compensación para os afectados.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital