Esixindo o "reparto máis equitativo dos fondos de productividade", os traballadores da Inspección de Traballo de Ourense pararán este xoves media hora, e concentraránse diante da sede da Inspección.
 
 
Os traballadores de Inspección de Traballo de Ourense paran este xoves a partires das 12 da mañá
26 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

Os traballadores e traballadoras de Inspección de Traballo de Ourense pararán tamén este xoves media hora, entre las doce e as doce e media da mañá, como medida de protesta polos atrancos que sofren as negociacións do persoal desta Inspección.
Concretamente no que se refire a unha nova distribución dos fondos de productividade para tódolos empregados públicos da Inspección de Traballo, "de maneira que sexa proporcional por obxectivos e universal no seu reparto", segundo informan.

O persoal da Inspección de Traballo de Ourense ten previsto concentrarse diante da sede, no Edificio Sindical do Parque de San Lázaro desta cidade, esixindo o desbloqueo do proceso que permita "o reparto máis equitativo dos fondos de productividade", recalcan.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital