Resulta que o ministro é galego, coñece o sitio e aínda lle lembrou ao alcalde que él, xunto co poeta ourensán José Ángel Valente, foi un dos promotores de Ben de Interés Cultural do Cimiterio de San Francisco.
Interesado polo tema, César Antonio Molina comprometéuse a reactivar o proxecto do Mosteiro de San Francisco de inmediato, pero antes compre adecuar o proxecto inicial á singularidade deste edificio e a súa importancia histórica e artística.
 
 
Cultura comprométese a reactivar o proxecto do Mosteiro de San Francisco de inmediato
4 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL
O ministro de Cultura, César Antonio Molina, expresou hoxe o seu "compromiso inequívoco" de desbloquear as obras de rehabilitación do Mosteiro de San Francisco, paralizadas dende 2005 por problemas coa empresa

adxudicataria, e transmitiulle ós técnicos do Ministerio de Cultura a orde de xestionar "de xeito inmediato" as solucións necesarias para solventar o problema.
Esta reactivación prodúcese tralas xestións realizadas polo alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, durante toda a xornada deste martes no ministerio, nas que estivo acompañado pola concelleira de Urbanismo, Aurea Soto.

Na xuntanza co ministro, o titular de Cultura, o galego César Antonio Molina, reiterou a súa "vontade inequívoca" de reactivar o proxecto, vontade na que media, afirmou, "un interés persoal". O ministro referiulle a Francisco Rodríguez que coñece personalmente o entorno de San Francisco, e que aprecia enormemente a zona, tendo sido, xunto co poeta ourensán José Angel Valente, un dos promotores da declaración de Ben de Interés Cultural do adxacente Cemiterio de San Francisco.
O ministro expúxolles ós representantes do Concello ourensán a complexidade do contencioso que a empresa adxudicataria matén coa Administración, así como as dificultades que se derivan do "proxecto nefasto" elaborado para a súa rehabilitación. Acto seguido, abondou na súa vontade total de salvar todos os obstáculos para reactivar inmediatamente as obras de rehabilitación.

Proxecto inicial "inadecuado"

Así, o ministro articulou cos técnicos do Ministerio de Cultura as actuacións necesarias para que, de xeito inmediato, se de vía libre ó comezo das obras. Neste sentido, o alcalde de Ourense agradeceu o compromiso do ministro, e invitouno personalmente a que visite o entorno de San Francisco para coñecer o estado da actuación.
Asimesmo, o alcalde de Ourense anunciou a súa intención de, tras o desbloqueo da situación de parálise que afectaba ó proxeto, convocar unha reunión da Xunta de Portavoces do Concello para explicarlle a tódalas forzas políticas o estado no que se atopaba o proxecto, e ofrecerlles a posibilidade de crear una Comisión Mixta Concello-Xunta para que efectúe un seguimento do proceso de reactivación da rehabilitación de San Francisco.

Segundo as informacións recabadas en Madrid, o proxecto inicial de rehabilitación non se adecuaba nin con moito á singularidade dun edificio da importancia histórica e artística de San Francisco, e tampouco se adaptaba ós novos usos que se lle pretenden dar, con diseños inadecuados, por exemplo, para as sás de arquivo ou as destiñadas a outros usos.
Neste senso, Francisco Rodríguez denunciu a inoperancia do anterior goberno municipal, que mantivo a situación de parálise durante case tres anos sen realizar ningunha xestión para desbloquear as dificultades xurdidas dun proxecto apresurado, elaborado en época electoral polo Goberno central do Partido Popular.

REDACCIÓN de Ourense Dixital
Imprimir Página
 
REDACCIÓN de Ourense Dixital
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital