Os troteiros de Bande encetaron este domingo o Entroido na Baixa Limia percorrendo 12 parroquias
 
Na Baixa Limia, os troteiros de Bande encetaron este domingo o Entroido. Coa meteoroloxía como aliado nesta ocasión, saíron cos fríos das 10 da mañá de Bande a onde estaba previsto chegar xa entrada a noite. Un total de 12 parroquias por percorrer, nunha andaina na que sempre compre honrar o nome que levan, os troteiros.
 
 
 
 
 
4 de FEBRERO de 2013: LIMIA DIXITAL

Os troteiros en Bande encetaron este domingo o programa de Entroido na Baixa Limia ourensá. Un total de 12 parroquias percorreron este domingo, 3 de febreiro, os tradicionais troteiros no reencontro con Entroido de Bande.
O percorrido deu comezo pasadas as 10 da mañá pola parroquia de Rubiás ata rematar entrada a noite desde domingo na Praza da Constitución de Bande.

Facendo honras ao seu nome, os troteiros percorreron pobos e aldeas sin maiores concesións ao cansancio que se nalgúns se iba constantando a medida que entraba a tarde: de Rubiás, a A Granxa, Cadós, Recarei, Seoane, Pereira, Santa Comba, a donde chegaron pasadas as dúas da tarde.
Para as 17:45 Hs. estaba prevista a súa chegada a Ponte Liñares, e de aquí o retorno a vila de Bande por Güín, Trarigo, Carpazás, Vilar, Lueda e Martiñán ata chegar a Bande ás oito da tarde, entrada xa a noite.

Deste xeito, o Concello de Bande continúa a recuperar a figura dos troteiros, unha figura que dende fai uns 60 anos fora esmorecendo.
Os troteiros iban provistos dunha vara e corrían os camiños destas terras da Baixa Limia meténdose coas mulleres e os vellos.
A tradición recollida ao respecto sinala que, en tempos, se envolvían en cobertores ou, incluso, unha sabana, levaban caretas de cartón que facían eles mesmos, e unhas campanillas anunciaban a súa presenza.
Nos sombreiros poñían igual postais que espellos, seguramente para protexerse do mal de ollo e outros meigallos, e tamén levaban a cara cuberta por tapetes que bordaban a veces para a ocasión.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright ALTERNATIVA DE CONTENIDOS DIGITALES
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO