Vilar de Santos leva a cabo un programa ambiental de actuacións na Reserva da Biosfera Area de Allariz
 
Diversas actuacións en materia medioambiental conforman un Porgrama do Concello de Vilar de Santos que se engloba na Reserva da Biosfera Area de Allariz. Mellora e acondicionamento dos cauces dos regatos; a eliminación e selado dun vertedoiro ilegal; e o acondicionamento da rede de sendeiros e camiños para mellorar e diversificar a oferta de turismo e ocio do concello, son as actuacións principais que contempla este Programa.
 
 
 
 
 
25 de OCTUBRE de 2012: LIMIA DIXITAL

Cunha dotación global de 55.000 euros, o Concello de Vilar de Santos está levando a cabo os proxectos dun Programa Ambiental con diversas actuacións a desenvolver no territorio municipal, englobado na Reserva da Biosfera Area de Allariz, declarada en 2005 póla UNESCO, e integrada polos concellos de Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos con vixencia ata o 31 de marzo de 2013.

O Concello que dirixe Xan Jardón ven de levar a cabo un programa específico para as diversas accións, que "deben alcanzar os obxectivos previstos para a consolidación do modelo de desenvolvemento municipal baseado no aproveitamento e posta en valor dos recursos propios, de base agraria e os relacionados coa industria e os servizos, pero apostando por novas áreas e outras alternativas que teñen que ver co aproveitamento dos valores culturais, etnográficos, paisaxísticos e naturais do noso territorio", sinala o Concello de Vilar de Santos.

As actuacións financiadas dentro deste Programa en Vilar de Santos son:

- A mellora e acondicionamento dos cauces de regatos e desaugadoiros coa súa limpeza, drenaxe e continuidade, para evitar o encharcamento dos terreos agrícolas e posibles inundacións e o deterioro dos cultivos e das infraestruturas. Actuación de suma importancia xa que actualmente está en cultivo o 60% do territorio municipal. Estanse acondicionando un total de 12 Km de cauces e desaugadoiros

- A eliminación e selado dun vertedoiro ilegal existente no concello coa recollida e separación dos residuos, o seu traslado a un  lugar autorizado xunto con outras labores de descontaminación e restauración e rexeneración da zona procedendo ao acondicionamento da zona, para lograr a súa integración paisaxística.

- O acondicionamento da rede de sendeiros e camiños para mellorar e diversificar a oferta de turismo e ocio do concello con novas posibilidades de disfrute da paisaxe e o medio natural e patrimonial acondicionando, limpando e desbrozando os sendeiros de Castelaus de 4,9 Km, o de Parada de 10,4 Km e o do Ruxidoiro de 3,6 Km na zona núcleo da Reserva.

Un Programa de Educación Ambiental levarase a cabo neste ultimo trimestre con cursos, conferencias e tamén incluíndo un proxecto piloto específico sobre residuos, a reciclaxe e o fomento da compostaxe, incidindo no consumo responsable e as boas prácticas ambientais.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright ALTERNATIVA DE CONTENIDOS DIGITALES
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA