Cultura da Xunta compromete 60.000 euros para a ampliación e mellora da Casa da Cultura de Xinzo de Limia
 
A Consellería de Cultura asinou este martes co alcalde de Xinzo de Limia, un convenio polo que Xesús Vázquez compromete un investimento de 60.000 euros na mellora e ampliación da Casa da Cultura de Xinzo. Deste modo cúmprese o anunciado fai unhas semanas polo alcalde, que comprometeu o comezo destas obras antes de rematar este ano.
 
 
 
 
 
5 de SEPTIEMBRE de 2012: LIMIA DIXITAL

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, asinou este martes un convenio co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez, en virtude do cal se realizarán obras de mellora que suporán un investimento de 60.000 euros, nas instalacións da Casa de Cultura e Xuventude de Xinzo.
Tras asinar o acordo o conselleiro manifestou a disposición do departamento que dirixe de prestar o seu apoio á realización das melloras relativas á ampliación do salón de actos e do vestíbulo xeral, aso como da adaptación do edificio á normativa de accesibilidade e seguridade.
Do mesmo xeito tamén se adaptaran novos locais destinados ao departamento administrativo.

Xesús Vázquez destacou a importancia de que as Administracións públicas colaboren, tanto na posta en valor das nosas tradicións ancestrais, como na posta a disposición de espazos e infraestruturas onde poidan ser compartidas polas cidadás e cidadáns.
Deste xeito, o conselleiro felicitou ao alcalde, o popular Antonio Pérez, polo traballo desenvolvido polo concello para conservar o simbolismo que rodea ao Entroido de Xinzo de Limia, neste caso a través do Museo do mesmo nome.

Neste punto destacou Vázquez Abad que o Entroido de Xinzo de Limia "é unha festa recoñecida como de Interese Turístico Nacional, tanto pola figura da pantalla, personaxe destacado do Entroido polas súas vestimentas e movementos, como pola participación de toda a comunidade nos cinco fins de semana que dura o ciclo festivo", sinalou o conselleiro na súa visita a mañá deste martes a Xinzo de Limia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright ALTERNATIVA DE CONTENIDOS DIGITALES
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, LUNES
 
El PSOE cree que el tramo de Celanova a la frontera portuguesa de la OU-540 “está en perigo”
Nortrans cierra convertida en el embrión del futuro Clúster de Loxística e Transporte de Galicia
Piden servicio nocturno de la Policía Local de Barbadás los viernes y sábados y más presencia en el rural
A primeros de noviembre tendrá que estar lista la pasarela y la senda en el río Pacín, en Entrimo
El Cultural acoge obra del más internacional de los artistas locales, Joaquín Balsa