Á chamada de atención ao alcalde de Ourense realizada a media mañá polo tenente de alcalde, o nacionalista Alex Sánchez Vidal, respostou o socialista só horas despois. Ao tempo que Francisco Rodríguez fixo un acto de reafirmación tanto nas teses que sostén o seu partido ao respecto das prestacións e a asistencia social e dos concellos para xestionalas, o rexedor socialista revelou que no documento que dende fai uns 10 días obra en poder do Concello, non se reflexa nada en materia do Centro Cívico e do Fogar do Transeunte como se establecera de palabra. O que é suficente para que, "de momento, non se firmara ese convenio".
No tocante a que os concellos poiden e entenden os socialistas que deben ser os que xestionen este tipo de servicios, manfiestou Francisco Rodríguez que "nós partimos da base de que naide mellor que os concellos coñecen a realidade sobre todo destas persoas que necesitan estas axudas, e entendemos que a xestión destes servicios naide as pode prestar mellor que os concellos, que son os que poden prestar estes servicios co mellor nivel de calidad, de rapidez e de eficacia, esa é a nosa liña".
Ao mesmo tempo, o alcalde recordou ao socio que tales competencias son do seu grupo e non do BNG cando sinalou que "agradecemos a Anxo Quintana esa vontade para materializar ese convenio, que queremos materializar, pero que queremos materializar dende o que nos entendemos e nunha área que corresponde directamente á nosa xestión".
Así mesmo, lembrou a Sánchez Vidal e a Anxo Quintana que xa no Pacto Local se establecía ao respecto destes acordos que hai tres formas de xestionar estes servicios, que o faga Vicepresidencia, que o faga o Concello e unha alternativa mixta, decantándose o de Ourense por ser o Concello o que xestione este tipo de axudas. "Nos entedemos que por eficacia e calidade esta xestión debese facer dende o Concello", sinalou ao respecto Francisco Rodríguez.
O alcalde tranquilizou no caso sinalando que haberá acordo, convenio e sinatura: "Non vai haber ningún problema, pero como é lóxico e lexítimo dende o Concello de Ourense platexaremos ese convenio de acordo coas necesidades de Ourense e a situación que existe nestes colectivos nesta cidade. É poñerse de acordo e nada máis", dixo Francisco Rodríguez. |
 |